Wikipedia:Sobre Galicia/maio 2013
Santiago de Compostela é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago da cal é capital. Segundo o IGE en 2012 tiña 95.671 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Santiago de Compostela constitúe a capital política de Galicia, radicando polo tanto nesta cidade o goberno autonómico da Xunta de Galicia. Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal amais do destino das diferentes rutas que conforman o camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.