Wikipedia:Sobre Galicia/maio 2009

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, máis coñecido soamente como Castelao, naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e morreu no exilio —en Buenos Aires— o 7 de xaneiro de 1950. Pai do nacionalismo galego, Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade". Dedicóuselle o segundo Día das Letras Galegas, en 1964.