Wikipedia:Sobre Galicia/decembro 2010

O magosto é unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo.