Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:10-11-2008 Herat (Afganistán), compañeiros do Cabo Rubén Alonso Ríos embarcan o seu cadaleito no avión que o levaría a España.jpg
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Ficheiro:10-11-2008 Herat (Afganistán), compañeiros do Cabo Rubén Alonso Ríos embarcan o seu cadaleito no avión que o levaría a España.jpg editar
- Información: imaxe creada por Isafmedia e cargada por HombreDHojalata; proposta por--. HombreDHojalata.conversa 14:46, 17 de setembro de 2010 (UTC)
- Concordo. Nos próximos días militares galegos volverán a ser enviados alí. A miña suxestión de pé de foto é: "Cargando cun cadaleito en Afganistán. Vexa o artigo militares galegos falecidos en misións internacionais."--. HombreDHojalata.conversa 14:46, 17 de setembro de 2010 (UTC)
- Concordo --Alberte Si, dígame? 00:27, 18 de setembro de 2010 (UTC)
- Concordo Boa fotografía, tema interesante e pluralidade de contidos (demasiadas imaxes de paisaxes e monumentos, :) )--Xabier Cid Talk, please 07:19, 5 de outubro de 2010 (UTC)
Comentario Paréceme unha imaxe boa, e sen non voto positivamente é por motivos ideolóxicos: o castrense dame arrepío. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:08, 18 de setembro de 2010 (UTC)
Comentario Concordo completamente con Xoacas. --Paradanta (Cóntame) 14:58, 23 de setembro de 2010 (UTC)
Comentario Eu pensaba que as ideoloxías debían quedar fora da redacción da Wikipedia. Que se diga explicitamente que se nega un apoio a un contido, non polo interese enciclopédico, senón por ideoloxía, cría que nunca o ía ler... Levo tempo indignado por este tema e, vendo que ninguén dixo esta boca é miña, o contrario, Paradanta emprega argumentos similares, finalmente, aquí queda a miña protesta. Por suposto a miña participación nesta sección vaise resentir. Non estou disposto a que se volva xulgar unha proposta miña por motivos ideolóxicos. Xa temos escoitado a moitos que dixeron que a Galipedia está en mans de activistas políticos. Hai que darlles a razón?--. HombreDHojalata.conversa 19:56, 12 de outubro de 2010 (UTC)
Vaia por dios. Dime que non vai comezar outra discusión por causa dun voto. Se non argumentamos, malo, e se o facemos, peor. Precisamente o que fixen foi absterme de xulgar. O motivo é sinxelo: non me gustan os uniformes, do mesmo xeito que non me gusta o catchup. Non son activista, se o fose non me limitaría a votar unha fotiña. E outra cousa: as ameazas non molan. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:04, 12 de outubro de 2010 (UTC)
Cando un vota unha foto faino por causas subxectivas, porque lle gusta ou non lle gusta. E o lóxico é que argumente o sentido do seu voto. Non estou a negar que este contido exista na Galipedia, como non se me ocorrería negar a existencia de tantos e tantos artigos de personalidades e outros temas que non me gustan. Simplemente abstéñome de votar a favor (ollo: tampouco votei en contra) porque comparto o argumento de Xoacas. Que ten que ver iso con gardar o punto de vista neutral ao escribir un artigo? Un artigo ten que ser completamente obxectivo, pero nunha votación sobre unha foto pesan, como non podía ser doutro xeito, motivos subxectivos, porque estás a votar en base ao que che transmite esa foto. Así que non xulgo a túa proposta, xulgo unha proposta, porque xulgar é votar e nas votacións poden pesar razóns das máis dispares. E nas votacións cómpre aceptar o resultado, se 50 usuarios votan a favor e só eu en contra, pois nada, queda como imaxe da semana e xa está, aquí paz e despois gloria, e non se resentiría a miña participación en ningunha sección. Desexo fervorosamente que me comprendas, HombreDHojalata, porque eu non me quero levar mal con ninguén aquí. O único que quero é que a Galipedia medre grazas ás aportacións de tódolos usuarios, impórtame un pemento a súa ideoloxía. De verdade. Un cordial saúdo.--Paradanta (Cóntame) 20:18, 13 de outubro de 2010 (UTC)