Abrir o menú principal

Wikipedia:Guerra de edicións/proposta 2019

Atallos:
WP:G
WP:GE
WP:GDE

Unha guerra de edicións ten lugar cando dous ou máis editores que non están de acordo sobre o contido dunha páxina desfán as edicións os uns dos outros de forma reiterada. Os editores involucrados nunha disputa deben procurar un consenso ou solicitar opinións de terceiros non involucrados en lugar de entrar nunha guerra de edicións. As guerras de edicións non son construtivas e xeran animosidade entre os editores, dificultando a consecución do consenso, e poden dar lugar a bloqueos.

Existe unha liña claramente definida neste sentido, coñcida como a regra das tres reversións. Denomínase reversión ó feito de desfacer a acción doutro editor. A regra indica que un editor non debe realizar máis de tres reversións, completas ou parciais, do mesmo material ou de distinto material, nunha mesma páxina dentro dun período de 24 horas. Calquera intencionalidade de xogar co sistema, como por exemplo revertindo unha cuarta vez xusto tralo período de 24 horas, considérase tamén unha guerra de edicións.

Existen algunhas excepcións á regra das tres reversións, como por exemplo cando se desfán vandalismos ou claras violacións da políitica de biografías de persoas vivas. Esta regra é un límite conveniente para aquelas ocasións nas que se da unha guerra de edicións de forma súbita, pero non é de por sí unha definición dunha guerra de edicións, podendo darse estas guerras incluso cando non se supera o límite de reversións indicado pola regra.

MotivosEditar

Os motivos que dan lugar a unha guerra de edicións poden ser moi variados; entre os máis comúns atópanse os seguintes:

  • Falta dun acordo en relación á veracidade dos datos do artigo.
  • Intento denodado por introducir determinado texto, xa sexa este non neutral ou con dereitos de autor.
  • Datos históricos non concluíntes con relación a un evento.

As consecuencias emocionais dunha guerra de edicións son as equivalentes a unha pelexa verbal ou física. Folga dicir que se debe evitar entrar nun conflito destas características.

Regra das tres reversiónsEditar

Atallo:
WP:R3R

Os editores que entran nunha guerra de edicións poden chegar a ser bloqueados para previr unha maior perturbación da Wikipedia.

Por isto defínese unha liña clara denomniada regra das tres reversións que establece o seguinte:

Un editor non poderá levar a cabo máis de tres reversións nunha única páxina dentro dun período de 24 horas.

Conta como reversión calquera edición ou serie de edicións consecutivas que desfán as accións doutro editor, ben en parte ou na súa totalidade. Dentro da definición da regra, "páxina" refírese a calquera páxina da Wikipedia. Unha "reversión" refírese a calquera edición ou acción administrativa que desfai a acción doutro editor, na súa totalidade ou en parte. Unha serie de reversións consecutivas nunha mesma páxina por parte dun mesmo usuario, sen que outro usuario interveña polo medio, conta como unha reversión. As violacións desta regra poden dar lugar a bloqueos de como mínimo 24 horas. Unha cuarta reversión xusto despois do período de 24 horas pode considerarse evidencia dunha guerra de edicións nun intento de xogar co sistema.

A regra aplica por persoa, non por conta. As reversións feitas por múltipes contas operadas por un mesmo usuario cóntanse de forma conxunta. Os editores que violen a regra das tres reversións poderán ser bloqueados por un período de 24 horas. Se un editor viola a regra por erro, debería desfacer a súa propia edición máis recente, o que se terá en conta como un intento xenuíno de rectiifcar o propio fallo.

ExcepciónsEditar

As seguintes accións considéranse exentas á aplicación da regra das tres reversións:

  1. Reverter as accións propias.
  2. Reverter as edicións feitas en páxinas do espazo de usuario propio, en canto que se estea a respectar a norma sobre páxinas de usuario.
  3. Reverter accións feitas por usuarios bloqueados así como de contas monicreque deses usuarios.
  4. Reverter vandalismo obvio, edicións que un usuario con boas intencións estaría de acordo con que constitúe vandalismo, como o baleirado de páxinas ou a adición de linguaxe ofensiva.
  5. Eliminar claras violacións dos dereitos de autor.
  6. Eliminar outros contidos que claramente son ilegais, como pornografía infantil ou ligazóns a software pirateado.
  7. Eliminar materiais difamatorios, parciais ou non referenciados que violen a política de biografías de persoas vivas.

Tamén se aplica un certo marxe de excepcionalidade ás reversións realizadas para manter a calidade dos artigos de calidade ou daqueles destacados na Portada.

Para estas excepcións é aconsellable deixar un resumo de edición claro ou incluír unha nova sección na páxina de conversa correspondente para explicar a excepción. En caso de dúbidas, en lugar de reverter é aconsellable procurar unha resolución por medio dun aviso no taboleiro dos administradores.

Que facer no caso de estar nunha guerra de ediciónsEditar

É mellor procurar axuda para tratar unha disputa en lugar de entrar nunha guerra de edicións. Cando o desacordo é aparente, un dos participantes, ou todos eles, deberían cesar a guerra de edicións e debater o problema na páxina de conversa correspondente, ou procurar a intervención dun terceiro. Se o usuario ou usuarios involucrados non coñecen esta prohibición, deben ser informados da mesma mediante unha mensaxe na súa páxina de conversa.

Se malia tódolos esforzos por resolver a situación, un ou máis usuarios non cesan na súa guerra de edicións, rexeitan traballar de forma colaborativa ou ignoran as mensaxes, considera solicitar a revisión dun administrador, deixando un aviso no Taboleiro dos administradores para que avalíen a situación.

Véxase taménEditar

Outras páxinasEditar