Wikipedia:Enviar mensaxe en masa

Atallo:
WP:EMM

A ferramenta de enviar mensaxe en masa permite enviar mensaxes ás páxinas de usuarios dunha lista de forma rápida e sinxela. Esta ferramenta está activa dende outubro de 2013.

As mensaxes masivas permiten ós administradores locais enviar mensaxes ás súas respectivas wikis e permite ós administradores de Meta-Wiki enviar mensaxes a usuarios en calquera wiki Wikimedia.

Funcionamento editar

Os usuarios autorizados, nesta wiki os administradores, acceden á páxina Enviar unha mensaxe en masa, indican unha categoría de usuarios a recibir a mensaxe ou unha lista, e engaden o asunto e o corpo da mensaxe. Na mensaxe debe ir a firma do servizo de mensaxes, a data e unha ligazón á lista usada indicando que os usuarios que non queiran recibir máis mensaxes dese tipo deben borrarse alí. As listas de usuarios para enviarlles mensaxes están en Categoría:Wikipedia:Listas de entrega de mensaxes en masa.

Despois de darlle a enviar o bot Usuario:MediaWiki message delivery encargarase de facer os envíos.

Para obter información xeral sobre como usar a extensión, incluíndo instrucións de borrado de listas, revise Axuda:Extension:Enviar mensaxe en masa (en inglés).

Para revisar o envío das mensaxes, consulte o rexistro de envío de mensaxes en masa. O rexistro en Meta inclúe envíos de mensaxes globais, mentres que o rexistro local de cada wiki mostra o envío de mensaxes locais para esa wiki.

Para ver rapidamente quen enviou certa mensaxe, hai un comentario escondido no texto wiki fonte da mensaxe, que indica quen a enviou, de que wiki foi enviada, e que lista de entrada se usou. Se non desexa recibir máis mensaxes borre a súa páxina de usuario da lista da entrada.

Envío de mensaxes editar

Se quere enviar unha mensaxe a un grupo de usuarios deixe un aviso na taboleiro dos administradores, xustifique o seu envío e engada o texto e a lista de usuarios ós que lla quere enviar.