Wikipedia:CommonsTicker

(Redirección desde «Wikipedia:CT»)


Atallo:
WP:CT
CommonsTicker facilita o seguimento dos cambios importantes nas imaxes que hai na Galipedia procedentes de Wikimedia Commons. Deste xeito, a eliminación de imaxes en Commons non será unha sorpresa para os proxectos locais, isto permite participar no debate se fose preciso. Tamén permite evitar que queden ocos nos artigos polo borrado das imaxes. Ticker actualiza os resultados cada catro horas. Prégase arquivar os rexistros máis antigos manualmente.
Rexistro Que facer Mensaxes de status

Cada entrada ten unha liña de status para indicar como se resolve a situación á que fai referencia o aviso. A sintaxe é a seguinte:

  • status=<blank> — por omisión, non sucede nada.
  • status=done — o problema relacionado con esta entrada foi corrixido.
  • status=local — solucionado cargando a imaxe na Galipedia.
  • status=fixing — estase traballando na solución.
  • status=wontfix — non podemos ou non temos intención de resolver o problema.
  • status=similiar — neste caso a solución foi substituír a imaxe por outra semellante.
  • status=NA — non hai consecuencias negativas (isto é opcional). Tamén oculta as páxinas onde está a imaxe.

actualización: trocouse unha versión antigo do ficheiro por unha nova.

Revisar a nova versión da imaxe e facer as comprobacións precisas.
eliminación: o ficheiro eliminouse de Commons. Eliminar a referencia á imaxe de todas as páxinas nas que estea incluída.
ficheiro marcado para borrar: solicitude de borrado que pode resultar na eliminación do ficheiro. Ir a Commons para facer os comentarios que sexan necesarios. Substituír a imaxe por unha alternativa libre se é posible.
retirado marcador de borrado: a solicitude de borrado foi retirada. Examinar se é definitivo ou se foi un aviso erróneo.
eliminada licenza libre dunha categoría: un tipo de licenza deixa de ser válida para Commons. As imaxes con esa licenza probablemente sexan eliminadas de Commons, facer o mesmo aquí e/ou argumentar en Commons en contra do cambio de status da licenza.


Últimos cambios editar