Wikipedia:Conta de propósito único
Esta páxina é un ensaio, non se trata dunha política ou guía oficial. Contén recomendacións ou opinións dun ou máis usuarios da Wikipedia. Algúns ensaios representan normas e usos amplamente aceptados pola comunidade, mentres que outros só representan puntos de vista minoritarios. Os ensaios teñen unha función orientativa e informativa, mais en ningún caso normativa. |
Unha conta de propósito particular é unha conta de usuario utilizada aparentemente para editar nun só artigo ou un pequeno número de artigos relacionados. Moi frecuentemente, unha conta parece ser creada para o propósito de editar nun só debate, artigo ou materia.
Obviamente, a connotación negativa dunha conta de propósito particular é se ese propósito fose contrario ás políticas de Wikipedia, por exemplo facer que un ou varios artigos respondan a un punto de vista concreto, ou mostren só a información favorable respecto ao mesmo, ou intervir en debates para aparentar un respaldo a un criterio maior do real. O simple feito de editar só nos artigos dun tema determinado, por exemplo se un profesor de matemática editase unicamente os artigos sobre teoremas matemáticos, non ten nada de malo nin de reprobable, e non se considera a tales contas como de propósito particular.
Os wikipedistas tenden a chamar a estes usuarios contas de propósito particular. Os colaboradores máis comprometidos co proxecto, incluso os que adoitan participar nunha área determinada, procuran conseguir un crecemento equilibrado en artigos e a enciclopedia como un todo; os creadores de contas de propósito particular veñen frecuentemente a Wikipedia cun obxectivo restrinxido e un aspecto específico ou unha facción que defender dun tema particular. Desde logo, só se pode xulgar a estes usuarios polas súas accións, e co tempo poderían implicarse máis seriamente no proxecto. Por esta razón, moitos usuarios novatos terán menos «voz» en certos debates nas súas primeiras edicións wikipédicas, ata que afiancen a súa credibilidade.
Consulta tamén Wikipedia:monicreques para coñecer as políticas e consellos sobre estes asuntos, especialmente se acabas de entrar a Wikipedia para axudar nun debate, ou se respondiches á petición de alguén que quere axuda nunha discusión ou nalgún artigo.
Por favor, le con sumo coidado as seguintes páxinas de políticas e información se es novo en Wikipedia baixo estas circunstancias, xa que na edición e discusión en Wikipedia poden empregarse criterios aos que non estás afeito:
- Wikipedia:O que a Wikipedia non é — que é aceptable e que non.
- Wikipedia:Cinco piares — para o que serve Wikipedia.
- Wikipedia:Punto de vista neutral — nosa política central que informa sobre como deben redactarse os artigos.
- Wikipedia:Monicreques — a política central que cobre a usuarios con múltiples contas e múltiples usuarios coordinándose nun debate.