Wikipedia:Artigo destacado/xullo 2009

Naruto é unha serie manga creada por Masashi Kishimoto, máis tarde levada ao anime, sobre un ninja adolescente chamado Naruto. O manga apareceu publicado por vez primeira por Shūeisha en 1999 no número 43 da revista Shōnen Jump no Xapón, e nela continúa a súa edición cun capítulo por semana, recompilados ata agora en 42 volumes.
O éxito do manga fixo que a súa trama fose adaptada a unha serie de anime orixinalmente transmitida por TV Tokyo que só empezou a ser traducida a outros idiomas cando levaba moito tempo emitíndose no Xapón. Tanto manga como anime acadaron unha distribución notable no estranxeiro, previa á exportación, debido aos numerosos fansubs que os traduciron ao redor do mundo. Na clasificación publicada por TV Asahi dos mellores 100 animes de 2006 (en base a unha enquisa online no Xapón), Naruto obtivo o posto 17.