Wikipedia:Artigo destacado/setembro 2007

O detective Conan é unha serie de Gosho Aoyama que aínda non está rematada nin en manga nin en anime e que alcanzou un éxito notable dentro e fóra do Xapón. Shinichi Kudo, un detective de instituto, é encollido por mor dunha droga experimental que lle dá unha organización formada por uns misteriosos Homes de Negro ao ser descuberto por estes individuos mentres os estaba a espreitar no momento no que realizaban un sospeitoso intercambio. Mentres espera con inquietude a aparición de calquera pista que o conduza ata a Organización dos Homes de Negro, Conan non poderá evitar resolver unha morea de delitos e asasinatos que se van producindo a esgalla ao seu arredor.