Wikipedia:Artigo destacado/novembro 2012

Kobe Bryant, nado o 23 de agosto de 1978 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga para Los Angeles Lakers na National Basketball Association (NBA). Bryant gozou dunha exitosa carreira no baloncesto de instituto, polo que decidiu tentar ingresar na NBA despois de graduarse. Foi seleccionado no posto número trece no Draft da NBA de 1996 polos Charlotte Hornets, e logo traspasado aos Lakers dos Ánxeles.