Wikipedia:Artigo destacado/agosto 2010

Na historia de Barcelona, aínda que a lenda atribúa a fundación aos romanos, a arqueoloxía testifica unha ocupación anterior á Antigüidade. A cidade desenvólvese entre os séculos XI e XV, en particular grazas aos condes independentes de Barcelona. A partir da reunión dos reinos de Castela e de Aragón, Barcelona coñece un período de decadencia. Dende o século XIX comeza un período de expansión para devir nos finais do século XX a segunda cidade de España e capital da comunidade autónoma de Cataluña.