We Care a Lot é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock Faith No More, editado no ano 1985 a través do selo Mordam Records. na edición orixinal en vinilo a banda aparece acreditada como "Faith. No More" no libreto e no propio disco.

We Care a Lot
Álbum de Faith No More
Publicado1985
Estudio(s)Prairie Sun Studios en Cotati, California
Duración34:51
Xénero(s)funk metal, metal alternativo
Selo(s)Mordam Records
Producido porMatt Wallace, Faith No More
Cronoloxía
- We Care a Lot Introduce Yourself

Produción editar

A banda inicalmente comezou a gravación do álbum sen o apoio dun selo discográfico e, despois de xuntar cartos, gravou cinco cancións. Con elas conseguiron gañar a atención de Ruth Schwartz, que estaba creando o selo independente Mordam Records, fichando por el e rematando o álbum tras recibir financiamento. Foi o primeiro lanzamento oficial tanto do grupo como da discográfica.[1]

O álbum gravouse nun curto período de tempo cun presuposto moi baixo.[2] Nunha entrevista en 2015 o baixista Billy Gould dixo, "Probablemente hai cousas que poderíamos ter feito mellor, pero ao mesmo tempo penso que as interpretacións foron bastante boas. E iso tiña que ver con manternos concentrados e ter que traballar con esas restricións orzamentarias. Ensaiamos moitísimo antes de ir gravar, así que estabamos preparados".[2]

Listaxe de cancións editar

N.º TítuloLetrasMúsica Duración
1. "We Care a Lot"  Mosley, BottumGould, Bottum 4:08
2. "The Jungle"  MosleyBottum, Gould, Bordin 3:10
3. "Mark Bowen"  Gould, MosleyGould, Bordin 3:33
4. "Jim"  Martin 1:16
5. "Why Do You Bother"  GouldGould, Bordin, Bottum 5:39
6. "Greed"  Gould, MosleyGould, Mosley 3:50
7. "Pills for Breakfast"  Bordin, Martin 2:59
8. "As the Worm Turns"  MosleyBottum, Gould, Mosley 3:11
9. "Arabian Disco"  MosleyGould 3:16
10. "New Beginnings"  MosleyMosley 3:46

Notas editar