Wayne Simien

baloncestista estadounidense

Wayne Anthony Simien, Jr., nado o 9 de marzo de 1983 en Leavenworth, Kansas, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Foi membro dos Miami Heat que conseguiron o seu primeiro campionato da NBA na tempada 2005-06.

Wayne Simien
Posición Ala-pivote
Dorsal 25
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 118 kg (260 lb)
Nacemento 9 de marzo de 1983 (41 anos)
Leavenworth, Kansas
Carreira
Universidade Kansas (2001–2005)
NBA Draft 2005 / Rolda: 1 / Elección: 29
Por Miami Heat
Tempadas 20052009
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     169
Rebotes     99
Asistencias     11
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Traxectoria deportiva editar

Simien foi seleccionado na 29ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Miami Heat, equipo co que gañou a NBA na tempada 2005-06. Durante a tempada regular dese mesmo ano, participou en 43 partidos, acadando 3 puntos e 2 rebotes en 10 minutos de xogo por encontro. Nos Playoffs, tan só xogou en dous partidos.

Simien foi traspasado o 24 de outubro de 2007 xunto a Antoine Walker e Michael Doleac ós Minnesota Timberwolves, a cambio de Ricky Davis e Mark Blount.[1] O 29 de outubro, Simien foi cortado polos Wolves.[2]

En outubro de 2008, Simien fichou polo Cáceres Ciudad del Baloncesto da Liga LEB Ouro.[3] O 5 de maio de 2009, Simien decidiu retirarse do baloncesto profesional.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar