Wasabi
O wasabi (en xaponés 山葵 ou ワサビ) emprégase como condimento xaponés. É extraído dunha raíz da planta de nome homónimo, denominada co seu nome científico Wasabia japonica, Cochlearia wasabi, ou tamén Eutrema japonica, da familia do nabo, a mostaza e o repolo. Ten un sabor extremadamente forte e emprégase principalmente mesturado coa salsa de soia para mollar o suxi. En xeral, é usado para decorar os pratos de peixe ou carne.
A súa forza, máis que no proído, reside nos vapores que se transmiten ao longo das fosas nasais e que producen unha sensación de ardor. Esta sensación non fica demasiado tempo a diferenza do proído producido polos chiles. O wasabi medra de forma natural só no Xapón e a illa de Sakhalín.
Características
editarÚsase como condimento en moitos pratos de comida xaponesa, como o suxi, o sashimi ou nalgúns tipos de donburi. No Xapón tamén é posible atopalo en forma de brotes que se poden consumir en ensaladas e que teñen algo do sabor da raíz do wasabi. Tamén existen aperitivos de sabor a wasabi.
O wasabi é escaso, difícil de producir e caro, mesmo no Xapón polo que moitas veces adóitase substituír por un sucedáneos de wasabi, xa sexa en forma de po ao que debe engadírselle auga e remexer ou envases de tubo listos para a súa utilización. Estes sucedáneos están feitos a base de ravo picante ao que se lle engade un colorante verde e é a pasta que se serve na maioría dos restaurantes tanto no Xapón como fóra del. Para distinguir o wasabi artificial do auténtico, no Xapón denomínase a este último hon-wasabi (wasabi auténtico). O hon-wasabi véndese fresco en forma de raíz, e debe relarse e mesturarse con auga no intre no que se vaia a consumir.
Proído
editarUso histórico
editarAntes de que os sistemas de refrixeración perfeccionásense no Xapón, o wasabi era utilizado para envolver os peixes crus xa que posúe propiedades antibacterianas e antisépticas. Actualmente emprégase para realzar o sabor do suxi aínda que só en pequenas porcións debido ao seu característico proído. Os xaponeses utilizábano para fregalo nas feridas para evitar infeccións.
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Wasabi |
- http://www.uni-graz.at/katzer/engl/Wasa_jap.html[Ligazón morta] (inglés)
- A etimoloxía dó wasabi (en xaponés)
- Historia do wasabi (en xaponés)