Wangechi Mutu

artista estadounidense

Wangechi Mutu (1972, Nairobi, Kenya) é unha artista que vive e traballa en Nova York. Mudouse a Nova York nos anos noventa para estudar Antropoloxía e Artes na Cooper Union (BFA, 1996) e na Universidade Yale (MFA, 2000).

Wangechi Mutu
Nacemento22 de xuño de 1972
Lugar de nacementoNairobi
NacionalidadeKenya e Estados Unidos de América
Alma máterYale School of Art, Cooper Union e UWC Atlantic College
Ocupaciónpintora, artista visual, escultora, debuxante, collagist e artista de instalacións
PremiosOkayAfrica 100 Women
Na rede
http://www.wangechimutu.com/
IMDB: nm2589885 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A obra pictórica de Wangechi Mutu ten como tema central a pintura ou as colaxes de figuras femininas a partir da mestura de debuxos e fotografías de mulleres idealizadas das revistas de moda. O resultado son figuras retorcidas, contorsionadas de xeito grotesco e atormentado para trata-lo tema da marxinación por causas do sexo e da raza nun mundo global que, no fondo, mantén actualizada a violencia e a destrución dos períodos previos da historia.

A obra de Mutu foi exposta en galerías e museos de todo o mundo, como o San Francisco Museum of Modern Art, Miami Art Museum, Tate Modern de London, Kunstpalast Düsseldorf en Alemaña ou o Centre Pompidou de París.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar