Abrir o menú principal

Coordenadas: 51°29′23″N 0°05′26″O / 51.4898, -0.0905

Manor Place Baths.

Walworth é un barrio do centro da cidade de Londres, no distrito de Southwark. Probablemente o seu nome deriva do inglés antigo "Wealhworth", que significaba granxa galesa. Atópase a 3,1 km ó sueste de Charing Cross e preto de Camberwell e Elephant and Castle.

As rúas principais en Walworth son Old Kent Road e Walworth Road.

HistoriaEditar

Walworth aparece no Libro Domesday de 1086 como "Waleorde". Levado a cabo por Bainiard, o Arcebispo Lanfranc de Canterbury. Os seus activos segundo o Domesday foron: 3 ½ minifundios (hides), unha igrexa, catro arados , 8 acres (32.000 m 2 ) da pradeira.[1]

A “John Smith House” está en Walworth Road, e foi chamada así na lembranza de John Smith, quen foi líder do Partido Laborista dende 1992 ata a súa repentina morte en 1994. Foi a antiga sede do Partido Laborista, vista a miúdo nos informes de prensa en tempos de eleccións.

Famosos ex-residentesEditar

NotasEditar

  1. "Surrey Domesday Book". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2004. Consultado o 09 de novembro de 2014.