Wally Funk

astronauta estadounidense

Mary Wallace "Wally" Funk, nada nas Vegas o 1 de febreiro de 1939, é unha aviadora estadounidense, astronauta e embaixadora de boa vontade. Foi a primeira muller investigadora de seguridade aérea da Xunta Nacional de Seguridade no Transporte, a primeira muller instrutora de voo civil en Fort Sill, Oklahoma, e a primeira muller inspectora da Axencia Federal de Aviación, así como unha das Mercury 13.[1][2]

Wally Funk
Seven Members of the First Lady Astronaut Trainees in 1995 - GPN-2002-000196-crop.jpg
Nome completoMary Wallace Funk
Nacemento31 de xaneiro de 1939
Lugar de nacementoLas Vegas
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterStephens College e Oklahoma State University–Stillwater
Ocupaciónaviador, inspector, flight instructor e astronauta
PremiosWomen in Aviation, International e doutor honoris causa
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Funk creceu en Taos, Novo México.[3] Seus pais eran donos dunha tenda. A familia tiña unha colección de obras de arte de artistas de Taos, pois os artistas trocaban obras de arte para pagar as súas compras na tenda.[1]

Carreira de aviaciónEditar

Aos 20 anos, Funk tornouse aviadora profesional.[4] Seu primeiro traballo foi en Fort Sill, Oklahoma, como Instrutora de Voo Civil de oficiais subalternos e comissionados do Exército dos Estados Unidos. [5] Funk foi a primeira muller instrutora de voo nunha base militar dos Estados Unidos. No outono de 1961, ela aceptou un emprego como Instrutora de Voo Certificada, Carta e Piloto Xefe nunha empresa de aviación en Hawthorne, California.[6]

Carreira espacialEditar

Mercury 13Editar

En febreiro de 1961, Funk ofreceuse como voluntaria para o Programa "Mulleres no Espazo". O programa era dirixido por William Randolph Lovelace e tiña o apoio da NASA, aínda que non tivese patrocínio oficial do goberno. Funk entrou en contacto con Lovelace, detallando súa experiencia e conquistas. A pesar de ser máis moza do que a faixa etária de recrutamento de 25 a 40 anos, Funk foi convidada a participar. Vinte e cinco mulleres foron convidadas, 19 se inscribiron e 13 se formaron, incluíndo Funk, que aos 21 anos era de máis nova. Nalgunhas probas, tivo unha puntuación mellor do que John Glenn.

Como as outras participantes do programa, Funk foi sometida a rigorosas probas físicas e mentais. Nunha proba, as voluntarias foron colocadas en tanques de illamento. Funk ficou no tanque, sen alucinar, por 10 horas e 35 minutos, unha marca. Ela pasou nas probas e foi cualificada para ir ao espazo. A súa puntuación foi a terceira mellor no programa Mercury 13. A pesar diso, o programa foi cancelado antes que as mulleres fixesen a última proba.[4]

Carreira posteriorEditar

Cando a NASA finalmente comezou a aceptar mulleres ao final dos anos 1970, Funk inscribiuse tres veces. A pesar das súas credenciais impresionantes, foi rexeitada.[7]

O 20 de xullo de 2021, formou parte dun equipo de catro persoas, entre elas Jeff Bezos e o seu irmán[8] converténdose na persoa mais vella en voar o espazo, [9]superando a marca de John Glenn con 77 anos en 1998 (a bordo do STS-95).

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Stolley, Richard B. (2012-04-18). "Woman in Space: The Long-Delayed Flight of Wally Funk". Time (en inglés). ISSN 0040-781X. Consultado o 2021-07-20. 
  2. EFE (2021-07-01). "Unha piloto de 82 anos viaxará con Jeff Bezos ao espazo". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-07-20. 
  3. "Who's Who in Aviation". 13 de outubro de 1973. 
  4. 4,0 4,1 "Women aviators. Wally Funk". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 16 de xuño de 2013. 
  5. "Advancing Women Pilots | Women Pilots Today | Wally Funk". The Ninety-Nines, Inc. Consultado o 21 de abril de 2016. 
  6. Lerner, Preston (2004-01-18). "The Unlaunchable Wally Funk". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 2021-07-20. 
  7. "Wally Funk: still ready for space travel" (PDF). State Magazine. outono de 2009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de marzo de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2019. 
  8. "Wally Funk will fly to space on New Shepard’s first human flight" (en inglés). Consultado o 1 de julho de 2021. 
  9. "Jeff Bezos emprende su aventura espacial". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-07-20. Consultado o 2021-07-20.