Wallace Hartley
Wallace Henry Hartley. Nado o 2 de xuño de 1878 e finado o 15 de abril de 1912. Foi un violinista, director da Orquestra que viaxaba no RMS Titanic na súa viaxe inaugural. Fíxose famoso ao dirixir aos oito membros do grupo mentres o barco afundíase o 15 de abril de 1912.
Wallace Hartley | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de xuño de 1878 |
Lugar de nacemento | Colne |
Falecemento | 15 de abril de 1912 |
Lugar de falecemento | Oceano Atlântico Norte |
Causa | afogamento |
Soterrado | Colne |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Ocupación | director de orquestra, líder de banda e violinista |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Unha das máis famosas lendas do RMS Titanic é a relativa a súa banda de música. Durante o naufraxio, os oito membros da banda, dirixidos por Wallace, situáronse no salón de primeira clase nun intento de que os pasaxeiros non perderan a esperanza. Máis tarde continuaron tocando na parte de popa da cuberta de botes. Non deixaron de tocar incluso cando xa era seguro que o barco afundiría.
Sen superviventes editar
Ningún dos integrantes da banda sobreviviu ao naufraxio e desde entón houbo moita especulación respecto a cal foi a última melodía que interpretaron. Algúns testemuños din que a derradeira canción foi o himno "Nearer, my God, to Thee" (Máis Preto, Oh Deus de Ti). Por outra banda, existen tres versións da devandita canción en ninguén puido confirmar exactamente cal delas foi a que interpretaron e se realmente foi a última.
O corpo de Hartley foi un dos recuperados que puido ser identificado. O seu funeral en Inglaterra contou coa presenza de miles de persoas. A pesar de ser considerado como un heroe no seu país, a navieira White Star Line cobrou a súa familia polo custo da perda do seu uniforme.