Wachau é unha rexión austriaca, composta dunha paisaxe montañosa atravesada polo val do río Danubio. Posúe aproximadamente 30 km de lonxitude, quedando comprendida entre as cidades de Melk e Krems no estado de Baixa Austria, situado a aproximadamente 80 km de Viena. É un dos principais destinos turísticos de Austria, sendo recoñecido como Patrimonio Mundial pola UNESCO.

Paisaxe Cultural de Wachau
Melk - Stift (1).JPG
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísAustria Austria
Localización48°21′52″N 15°26′03″L / 48.36444, -15.43417
TipoCultural
CriteriosII, IV
Inscrición2000 (24ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador970

A rexión de Wachau é recoñecida polo cultivo de uvas e albaricoqueiros, ambos usados para a fabricación de viños e licores.

As súas principais atraccións son o Mosteiro de Melk, o centro histórico de Krems, e a aldea de Dürnstein, onde se atopan as ruínas dun castelo onde o Rei de Inglaterra, Ricardo Corazón de León, foi feito prisioneiro polo Duque Leopoldo V de Austria durante o seu regreso da Terceira Cruzada.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar