Wilkinson Microwave Anisotropy Probe

Observatorio espacial dos Estados Unidos.
(Redirección desde «WMAP»)
Para outros usos de MAP véxase MAP (homónimos).

WMAP (acrónimo de Wilkinson Microwave Anisotropy Probe, Sonda de Anisotropía de Microondas Wilkinson) foi un observatorio espacial estadounidense lanzado o 30 de xuño de 2001 mediante un foguete Delta 7425 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral cara a unha órbita de Lisajous arredor do punto de Lagrange L2 do sistema Terra-Sol.[1][2][3]

MAP / WMAP / Wilkinson Microwave Anisotropy Probe
Representación artística da WMAP en camiño da súa órbita de traballo.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualEn órbita, fóra de servizo.[1][2][3]
Data de lanzamento30 de xuño de 2001, 19:46 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorDelta 7425[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 17B[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo do fondo cósmico de microondas.[1][2]
NSSDC ID2001-027A
Masa840,0 kg[1]
Potencia419,0 vatios[1]

Características

editar

WMAP pertence ó programa Explorer da NASA, e dentro deste programa pertence ás naves de clase MIDEX, no que se encadran as sondas de presuposto medio. A súa misión era observar e estudar o fondo cósmico de microondas para determinar algúns parámetros da teoría do Big Bang, investigar como e cando se formaron as primeiras galaxias. Para iso o observatorio medía as diferenzas de temperatura entre diferentes partes do ceo no rango das microondas.[1][2][3]

O observatorio foi lanzado cara ao punto de Lagrange L2 do sistema Terra-Sol, a 1,5 millóns de quilómetros de distancia da Terra na dirección contrario ao Sol, onde a gravidade dos dous corpos maiores se equilibran e o observatorio pode permanecer orbitando sen que nin a Terra nin o Sol lle pasen por diante.[1][2][3]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 NASA (1 de xullo de 2013). "WMAP" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2011). "MAP" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: MAP (WMAP, MIDEX 2, Wilkinson)" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2013. 
  4. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MAP" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2013. 
  5. "Note verbale dated 23 October 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-88239). 31 de outubro de 2001: 5. Consultado o 25 de xullo de 2013. 
  6. Claude Lafleur (2010). "MAP" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

editar