Voskhod 2 foi a primeira misión na que se realizou un paseo espacial. Foi lanzada o 18 de marzo de 1965 mediante un foguete Voskhod desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Voskhod 2
Esclusa para paseo espacial da Voskhod 2
TipoTripulada
Data de lanzamento18 de marzo de 1965, 7:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorVoskhod[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión1,08 días[2][6]
Obxectivo da misiónPrimeiro paseo espacial.[2][6]
Regreso19 de marzo de 1965[1][6]
NSSDC ID1965-022A
Masa5682,0 kg[2][5][6]

Características editar

A misión de Voskhod 2 usou a cápsula Voskhod-3KD con Pavel Beliaiev e Aleksei Leonov a bordo. Leonov converteuse na primeira persoa en facer un paseo espacial ao saír da cápsula Voskhod durante a segunda órbita a través dunha esclusa inchable. A saída case remata en desastre cando, tras 10 minutos no exterior, o cosmonauta intentou regresar ao interior para atopar que o seu traxe Berkut, inchado pola presión interna, lle impedía volver a meterse na esclusa. Leonov solucionouno despresurizando parcialmente o traxe. Unha vez dentro da cápsula, a portela non selou hermeticamente, poñendo en risco aos cosmonautas. O encendido automático dos retrofoguetes para a reentrada atmosférica fallou, co que tiveron que ser accionados manualmente. Entón o módulo de servizo non se separou completamente da cápsula de reentrada, producindo bruscos xiros ao entrar na atmosfera ata que o módulo se separou completamente. A cáspula finalmente tocou terra cerca de Perm, nos montes Urais, a 1000 km ao norte do punto de aterraxe planeado. Os dous cosmonautas pasaron a noite no bosque ata a chegada do equipo de recuperación, que tivo que limpar unha parte do bosque para que o helicóptero de rescate recollese aos tripulantes. A cápsula foi recuperada días máis tarde.[2][3][4][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "VOSKHOD 2" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Voskhod 2" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 13 April 1965 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (65-11766). 18 de maio de 1965: 2. Consultado o 17 de marzo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Claude Lafleur (2017). "Voskhod 2" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Voskhod-3KD" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Voskhod 2" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar