Voskhod (nave espacial)

Voskhod, tamén coñecidas como Vostok 3KV e Vostok 3KD, foi o nome da segunda nave espacial orbital tripulada desenvolvida pola Unión Soviética, derivada da Vostok. A Voskhod estaba deseñada para poder levar a dous ou tres tripulantes (contra o único tripulante da Vostok) e a versión para dous tripulantes contaba cunha esclusa desde a que se fixo o primeiro paseo espacial. Para poder facer sitio a tres tripulantes os asentos tiveron que instalarse de maneira perpendicular con respecto de como estaban na Vostok. A cápsula levaba un retrofoguete de respaldo para o caso en que fallara o principal. A esclusa da Voskhod 3KD tiña unha masa de 250 kg e un diámetro de 700 mm, cunha altura de 770 mm pregada e 2,5 m unha vez inflada en órbita. O foguete lanzador, debido á maior masa das Voskhod, foi o foguete homónimo, Voskhod. Lanzáronse cinco cápsulas Voskhod, todas con éxito e dúas delas tripuladas.[1][2][3]

As Vostkhod 1 e 2.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Voskhod-3KD" (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  2. Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Voskhod-3KV" (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  3. Mark Wade (2022). "Voskhod" (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022.