Voo 967 de Varig

accidente de aviación no océano Pacífico en 1979

O voo 967 de Varig era un servizo de carga internacional entre o aeroporto internacional de Narita, Toquio, e o aeroporto do Río de Xaneiro-Galeão, cunha escala no aeroporto dos Ánxeles. O día 30 de xaneiro de 1979 o Boeing 707-323C que realizaba a ruta que desapareceu e nin o avión nin a súa tripulación foron atopados.

Voo 967 de Varig
Boeing 707 semellante ao accidentado
Resumo
Data  30 de xaneiro de 1979
Causa  desaparición
Lugar  océano Pacífico
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Narita
Primeira escala  aeroporto dos Ánxeles
Destino  aeroporto do Río de
Xaneiro-Galeão
Finados  6 (supostamente)
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 707-323C
Operador  Varig
Rexistro  PP-VLU
Tripulación  6
Superviventes  0 (supostamente)

Avión editar

O aparello accidentado era un Boeing 707-323C, número de construción 19235 e número de liña 519, entregado novo a American Airlines co rexistro N7562A o 31 de agosto de 1966. O avión foi vendido a Varig e entregado á aeroliña como PP-VLU o 28 de marzo de 1974. O avión estaba equipado con catro motores Pratt & Whitney JT3D-3B.[1]

Tripulación editar

A tripulación estaba formada polo capitán Captain Gilberto Araújo da Silva, de 55 anos, o primeiro oficial Erni Peixoto Mylius, de 45, os segundos oficiais Antonio Brasileiro da Silva Neto, 39, e Evan Braga Saunders, 37, e os enxeñeiros de voo José Severino Gusmão de Araújo, 42, e Nicola Exposito, 40.[2]

No ano 1973, o Captain Araújo da Silva estaba ao mando do voo 820 de Varig, un Boeing 707 que transportaba a 134 persoas que se esnafrou preto do aeroporto de París-Orly, morrendo 123 dos seus ocupantes.[3] En 1979, no momento da súa desaparición, acumulaba máis de 23 000 horas de voo.[4][2]

Accidente editar

O 30 de xaneiro de 1979 o Boeing 707-323C con rexistro PP-VLU desapareceu en ruta entre o aeroporto internacional de Narita e o aeroporto do Río de Xaneiro-Galeão.

O avión de carga, operado pola aeroliña brasileira Varig, engalara ás 20:23 de Narita e a súa última comunicación por radio produciuse ás 20:45. A tripulación debería terse comunicado novamente ás 21:23pero non o fixo. O contacto por radio perdeuse abruptamente a uns 200 km leste-nordeste de Toquio.[5]

A carga destacaba por levar 53 pinturas do artista Manabu Mabe que regresaban dunha exposición na capital xaponesa. O cadros estaban valorados na época en 1,24 millóns de dólares. Ningún resto do aparello ou do seu contido sería atopado.[5][6]

Notas editar

  1. "PP-VLU - Boeing 707-323C - 19235". JetPhotos (en inglés). Consultado o 2021-11-27. 
  2. 2,0 2,1 "Especial Gilberto Araújo" (PDF). A União. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de novembro de 2021. Consultado o 27 de novembro de 2021. 
  3. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 707-345C PP-VJZ Paris-Orly Airport (ORY)". aviation-safety.net. Consultado o 2021-11-27. 
  4. História, Tok De. "Comandante Gilberto Araujo da Silva". TOK de HISTÓRIA (en portugués). Consultado o 2021-11-27. 
  5. 5,0 5,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 707-323C PP-VLU Tokyo, Japan". aviation-safety.net. Consultado o 2021-11-29. 
  6. "Boeing da Varig desapareceu há 35 anos e jamais foi encontrado". noticias.uol.com.br (en portugués). Consultado o 2021-11-29.