Voo 820 de Varig
O voo 820 de Varig era un servizo da aeroliña brasileira Varig que engalou do aeroporto internacional do Río de Xaneiro-Galeão, en Brasil, o 11 de xullo de 1973 en ruta cara ao aeroporto de Orly, en París. O avión, un Boeing 707 con rexistro PP-VJZ, tivo que realizar unha aterraxe de emerxencia en campos de cebolas a uns cinco quilómetros do aeroporto de Orly debido a fume na cabina causado por un incendio nun baño. O lume causou 123 mortes e só houbo 11 superviventes (10 tripulantes e 1 pasaxeiro).[1] O capitán de relevo Antonio Fuzimoto foi o piloto que manexou os mandos e fixo aterrar o avión no campo.[2]
Voo 820 de Varig | |
---|---|
Servizos de emerxencia no lugar do accidente
| |
Resumo | |
Data | 11 de xullo de 1973 |
Causa | lume en voo que levou á perda de control do avión |
Lugar | preto do aeroporto de Orly |
Coordenadas | 48°45′N 2°24′L / 48.750, -2.400 |
Orixe | aeroporto do Río de Xaneiro-Galeão |
Primeira escala | aeroporto de Orly |
Destino | aeroporto de Heathrow |
Finados | 123 |
Feridos | 11 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 707-320C |
Operador | Varig |
Rexistro | PP-VJZ |
Pasaxeiros | 117 |
Tripulación | 17 |
Superviventes | 11 |
Notas
editar- ↑ "Relembre o acidente de avião que pode ter sido causado por cigarro e no qual brasileiro foi o único passageiro sobrevivente". G1 (en portugués). 2023-08-07. Consultado o 2024-01-13.
- ↑ "Vôo RG-820". www.desastresaereos.net. Consultado o 2024-01-13.