Voo 940 de Mexicana

O voo 940 de Mexicana de Aviación era un servizo regular internacional entre a Cidade de México e os Ánxeles, con escalas en Puerto Vallarta e Mazatlán. O día 31 de marzo de 1986 o Boeing 727-200 que operaba o voo esnafrouse en El Carbón, unha montaña na Serra Madre Occidental ao noroeste da Cidade de México, matando a todos os ocupantes do avión.[1] Con 167 mortes, o accidente do voo 940 trátase do peor accidente de aviación ocorrido en México, e tamén o peor accidente dun Boeing 727.[2]

Voo 940 de Mexicana
Boeing 727 semellante ao accidentado
Resumo
Data  31 de marzo de 1986
Causa  lume en voo
Lugar  Michoacán
Coordenadas  Coordenadas: 19°50′46″N 100°17′16″O / 19.846111, -100.287778
Orixe  aeroporto da Cidade de México
Primeira escala  aeroporto Licenciado
Gustavo Díaz Ordaz
Derradeira escala  aeroporto General
Rafael Buelna
Destino  aeroporto dos Ánxeles
Finados  167
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 727-264
Operador  Mexicana de Aviación
Rexistro  XA-MEM
Pasaxeiros  159
Tripulación  8
Superviventes  0

Accidente editar

Ás 09:05, 50 minutos despois da engalaxe, un estoupido sacudiu a fuselaxe. O capitán Guadarrama e a tripulación na cabina de mando, decatándose de que o avión sacudíase demasiado, declararon unha emerxencia e solicitaron regresar ao aeroporto Benito Juárez para aterrar de emerxencia.[3] O aeroporto estaba preparado para a aterraxe, pero o avión esnafrouse na montaña El Carbón preto da cidade de Maravatío, Michoacán, partiu en dous e comezou a arder.[3] Os 167 ocupantes morreron no impacto.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Seiler, Michael (1986-04-01). "All 166 on Jet Die in Mexican Crash : Mexicana 727, En Route to L.A., Hits Mountain West of Capital and Burns". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 2021-12-04. 
  2. Ranter, Harro. "Aviation Safety Network > ASN Aviation Safety Database > Aircraft type index > Boeing 727". aviation-safety.net. Consultado o 2021-12-04. 
  3. 3,0 3,1 Perez, E. C. (2009-09-29). "Kique's Corner: The Crash of Mexicana de Aviacion Flight 940". Kique's Corner. Consultado o 2021-12-04.