Voo 9045 de Pulkovo Aviation Enterprise

accidente de aviación en Rusia en 1994

O voo 9045 de Pulkovo Aviation Enterprise era un servizo de carga que se esnafrou na aproximación ao aeroporto de Nalchik mentres transportaba 12 515 kg de moedas da Casa da Moeda de San Petersburgo.[1]

Voo 9045 de Pulkovo Aviation Enterprise
Resumo
Data  24 de febreiro de 1994
Causa  perda de control
Lugar  preto de Nalchik
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Pulkovo
Derradeira escala  aeroporto de Volvogrado
Destino  aeroporto de Nalchik
Finados  13
Aeronave
Tipo de aeronave Antonov An-12BP
Operador  Pulkovo Aviation Enterprise
Rexistro  RA-11118
Pasaxeiros  7
Tripulación  6
Superviventes  0

Avión editar

O aparello implicado no accidente era un Antonov An-12BP con catro motores Ivchenko AI-20M, con rexistro RA-11118, de Pulkovo Aviation Enterprise.[2][3]

Tripulación editar

Seis tripulantes e sete pasaxeiros estaban a bordo do avión. A tripulación de voo estaba formada por:[3]

  • O capitán Yanitsky Nikolay Petrovich.
  • O copiloto Prasolov Victor Anatolievich.
  • O navegador Vlasov Mikhail Nikolayevich.
  • O operador de radio Levchuk Aleksandr Yurevich.
  • O enxeñeiro de voo Anisimov Sergey Maratovich.
  • O director de operacións de voo Evstafiev Yuri Anatolyevich.

Accidente editar

O voo 9045 levaba 12 515 kg de moedas dende San Petersburgo cunha escala en Volvogrado. Ata a aterraxe non houbo problemas durante o voo a Nalchik. O control de tráfico aéreo informou a tripulación das condicións meteorolóxicas no aeroporto, pero non mencionou o problema do xeo; polo tanto, a tripulación non activou o sistema de desxeo para a aproximación.[3]

Cando o avión estaba a 13 quilómetros da pista, a tripulación estableceu os flaps a 15°. A 8 km da pista o avión entrou na senda de planeo, e tras iso puxéronse os flaps en 35°. 16 segundos despois a tripulación incrementou a potencia dos motores para manter unha velocidade constante de 260 km/h. O avión estaba xa a 40 metros por debaixo da sonda de planeo e os pilotos axustaron os elevadores de 1 a 5° de deflexión, só para que os elevadores fosen espontaneamente aos 15° de deflexión.[3]

A unha altitude de 320 metros o avión inclinou o morro cara a abaixo uns 50-55° entrando nun rápido descenso; os pilotos tiraron das columnas de control, pero debido a que estaban a baixa altitude non foron capaces de recuperar o aparello. O avión esnafrouse nun campo, incendiouse e rapidamente foi engulido polas lapas.[3]

Causa editar

Notas editar

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Antonov An-12BP RA-11118 Nalchik Airport (NAL)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-13. 
  2. "Антонов Ан-12 Бортовой №: RA-11118". russianplanes.net. Consultado o 2019-01-13. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Катастрофа Ан-12 в Нальчике". www.airdisaster.ru. Consultado o 2019-01-13.