Voo 811 de United Airlines

accidente de aviación no océano Pacífico en 1989

O voo 811 de United Airlines era un voo regular dende Os Ánxeles ata Sydney, con escalas en Honolulu e Auckland. O 24 de febreiro de 1989 o Boeing 747-122 que realizaba a ruta tivo un fallo nunha porta de carga mentres voaba pouco despois de deixar Honolulu. A descompresión explosiva resultante rebentou varias filas de asentos matando a nove dos pasaxeiros. O avión regresou a Honolulu onde conseguiu aterrar con seguridade.

Voo 811 de United Airlines
Resumo
Data  24 de febreiro de 1989
Causa  descompresión explosiva
por un fallo de deseño
Lugar  océano Pacífico,
preto de Honolulu
Coordenadas  Coordenadas: 20°41′24″N 158°40′30″O / 20.69, -158.675
Orixe  aeroporto dos Ánxeles
Derradeira escala  aeroporto de Auckland
Destino  aeroporto de Sydney
Finados  9
Feridos  38
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 747-122
Operador  United Airlines
Rexistro  N4713U
Pasaxeiros  337
Tripulación  18
Superviventes  346

Avión editar

O avión do accidente era un Boeing 747-122 con rexistro N4713U.[1] Foi entregado a United Airlines o día 3 de novembro de 1970.[2] No momento do incidente o aparello acumulaba 58 814 horas de voo, e non tivera problemas graves anteriormente.[1]

O 24 de febreiro de 1989 o avión estaba programado por United Airlines para operar o voo 811 dende o aeroporto dos Ánxeles ata o aeroporto de Sydney, con escalas no aeroporto de Honolulu e no aeroporto de Auckland.[1]

O voo 811 operou sen problemas na súa primeira parte da ruta, dende Os Ánxeles ata Honolulu. Tras chegar a Honolulu houbo un cambio de tripulación. A anterior tripulación de voo informou que non tivera dificultades co avión durante o voo a Honolulu.[1]

Despois do accidente o avión foi reparado e volveu ao servizo con United, pero desta vez co rexistro N4724U. En 1997 United retirouno e pasou a operar con Air Dabia como C5-FBS. Air Dabia cesou as operacións en 1998, e o avión quedou abandonado no aeroporto de Plattsburgh, onde foi desgüazado en 2004.[3][4]

Tripulación editar

A tripulación que embarcaron en Honolulu estaba liderada polo capitán de 59 anos David M. "Dave" Cronin.[5] No momento do accidente, Cronin levaba acumuladas unhas 28 000 horas de voo, incluídas unhas 1 600 horas no Boeing 747.[5] O voo 811 foi o penúltimo voo programado de Cronin antes da súa xubilación obrigatoria.[6]

O resto dos tripulantes eran o primeiro oficial Gregory Allen "Al" Slader (48), o enxeñeiro de voo Randal Mark Thomas (46), e 15 asistentes de cabina.[5] O primeiro oficial e o enxeñeiro tiñan 14 500 e 20 000 horas de voo respectivamente.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 747-122 N4713U Hawaii". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-09. 
  2. "Air Dabia C5-FBS (Boeing 747 - MSN 19875) (Ex N4713U N4724U ) | Airfleets aviation". www.airfleets.net. Consultado o 2018-12-09. 
  3. "Picture Air Dabia Boeing 747-122 C5-FBS". www.planepictures.net. Consultado o 2021-11-29. 
  4. "Air Dabia C5-FBS (Boeing 747 - MSN 19875) (Ex N4713U N4724U)". www.airfleets.net. Consultado o 2021-11-29. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Informe oficial do accidente". NTSB. Consultado o 4 de outubro de 2023. 
  6. Kakesako, Gregg K. (2010-10-06). "Hero pilot of United Flight 811 dies at age 81". Honolulu Star-Advertiser (en inglés). Consultado o 2023-10-04.