Voo 801 de Korean Air

accidente de aviación en Guam en 1997

O voo 801 de Korean Air (KE801/KAL801) foi un Boeing 747-3B5 que se estrelou o 6 de agosto de 1997 nunha aproximación ao Aeroporto Internacional Antonio B. Won Pat, no territorio estadounidense de Guam, matando a 228 das 254 persoas a bordo. O avión esnafrouse en Nimitz Hill, en Asan, mentres se aproximaba ao aeroporto.[1]

Voo 801 de Korean Air
O 747 do accidente
Resumo
Data  6 de agosto de 1997
Causa  voo controlado contra o terreo
Lugar  Guam
Coordenadas  Coordenadas: 13°27′21″N 144°43′55″L / 13.45583333, 144.732
Finados  228
Feridos  25
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 747-3B5
Operador  Korean Air
Rexistro  HL7468
Pasaxeiros  237
Tripulación  17
Superviventes  26

Avión e tripulación editar

O voo 801 era realizado normalmente cun Airbus A300, pero como Korean Air programara o voo do 5-6 de agosto para transportar a atletas de Guam aos Mini Xogos do Pacífico na Samoa Americana, a aeroliña designou ao HL7468, un Boeing 747-300 de 12 anos de idade entregado a Korean Air o 12 de decembro de 1984, para realizar a ruta esa noite.[1]

O voo estaba baixo o mando do capitán de 42 anos Park Yong-chul,[2] que tiña preto de 9 000 horas de experiencia de voo e acababa de recibir un premio de seguridade aérea por xestionar un fallo de motor a baixa altitude nun 747. Park inicialmente tiña programado voar a Dubai, pero como non descansara o suficiente para esa viaxe foi reasignado ao voo 801. O primeiro oficial era Song Kyung-ho, de 40 anos, que tiña máis de 4 000 horas de voo. O enxeñeiro de voo era Nam Suk-hoon, de 57 anos, un veterano piloto con máis de 13 000 horas de experiencia.

Accidente editar

O voo 801 saíu do aeroporto de Seúl-Kimpo (agora aeroporto de Gimpo) ás 8:53 p.m. (9:53 p.m. hora de Guam) do 5 de agosto de camiño a Guam. Levaba tres tripulantes de voo (os dous pilotos e o enxeñeiro de voo), 14 asistentes de voo e 237 pasaxeiros.[3] Seis dos pasaxeiros eran asistentes de voo de Korean Air que viaxaban gratis.[3]

O voo esperimentou algunhas turbulencias pero foi normal ata pouco antes das 1:00 a.m. do 6 de agosto, cando o avión estaba prparándose para aterrar. Había chuvia forte en Guam polo que a visibilidade era significativamente reducida e a tripulación intentou unha aterraxe instrumental. A pendente de planeo ILS para a pista 6L estaba fóra de servizo; porén, o capitán Park cría que estaba activa e ás 1:35 am logrou captar un sinal posteriormente identificado como un dispositivo electrónico irrelevante no chan. A tripulación decatouse de que o avión estaba descendendo moi abruptamente, e destacou varias veces que o aeroporto non estaba á vista. A pesar das protestas do enxeñeiro de voo Nam de que o sinal detectado non era o indicador da pendente de planeo, Park premeu. A tripulación baixou o tren de aterraxe econtinuou preparando o avión para a aterraxe.[4] 12 segundos antes do impacto, o sistema de alerta de proximidade a terra activouse, advertindo á tripulación da súa altura real. O primeiro oficial Song declaro unha aproximación infrutuosa e o capitán Park declarou un go-around, pero era demasiado tarde. Ás 1:42 am o tren de aterraxe principal golpeou un tubo de combustible e esnafrouse en Nimitz Hill. O lugar do accidente estaba a uns 6,6 km do inicio da pista, a unha altura de 200 metros.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Goberno de Guam (ed.). "Official Guam Crash Site Center - Korean Air Flt 801". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2016. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  2. "Honolulu Star-Bulletin Local News". archives.starbulletin.com. Consultado o 2018-12-15. 
  3. 3,0 3,1 "Informe do accidente" (PDF). NTSB. Archived from the original on 10 de febreiro de 2007. Consultado o 2018-12-27. 
  4. Wald, Matthew L.; Onishi, Norimitsu (2013-07-08). "In Asiana Crash Investigation, Early Focus Is on the Crew’s Actions". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2018-12-27.