Voo 7908 de Caspian Airlines

O voo 7908 de Caspian Airlines era un voo regular comercial dende Teherán, Irán, e Iereván, Armenia. O día 15 de xullo de 2009 o Tupolev Tu-154 que operaba a ruta esnafrouse preto da vila de Jannatabad, nas aforas da cidade de Qazvin, Irán.[1] Os 153 pasaxeiros e 15 tripulantes a bordo morreron.[2][3]

Voo 7908 de Caspian Airlines
O avión do accidente en 2008
Resumo
Data  15 de xullo de 2009
Causa  impacto cun paxaro
Lugar  preto de Qazvin, Irán
Coordenadas  Coordenadas: 35°52′50″N 49°58′03″L / 35.88055556, 49.9675
Orixe  aeroporto Imán Khomeini
Destino  aeroporto de Zvartnots
Finados  168 (todos)
Aeronave
Tipo de aeronave Tupolev Tu-154
Operador  Caspian Airlines
Rexistro  EP-CPG
Pasaxeiros  153
Tripulación  15
Superviventes  0

Foi o peor accidente de aviación en Irán dende o accidente en 2003 dun Ilyushin Il-76 militar, no cal morreron 275 persoas (aínda que algunhas fontes falan de 302 mortos).[3] Foi o segundo accidente con máis vítimas en 2009 tras o voo 447 de Air France.

Notas editar

  1. "Islamic Republic News Agency :: URGENT: Plane crashes northwest Tehran". web.archive.org. 2009-07-20. Archived from the original on 20 de xullo de 2009. Consultado o 2018-12-26. 
  2. "Scores killed in Iran plane crash" (en inglés). 2009-07-15. Consultado o 2018-12-26. 
  3. 3,0 3,1 "Iranian plane crashes into field, killing all 168 - Yahoo! News". web.archive.org. 2009-07-18. Archived from the original on 18 de xullo de 2009. Consultado o 2018-12-26.