Voo 451 de Japan Air System

O voo 451 de Japan Air System era un servizo dende o aeroporto de Nagoia e o novo aeroporto de Chitose en Sapporo, cunha escala no aeroporto de Hanamaki. O día 18 de abril de 1993 o Douglas DC-9-41 que operaba a ruta esnafrouse mentres aterraba en Hanamaki. O avión perdeu de súpeto unha cantidade significativa de velocidade cando cruzou unha fornte fría mentres estaba na aproximación final, preto da pista. O algo inexperto primeiro oficial non foi capaz de realizar unha aproximación frustrada o suficientemente rápido como para evitar unha aterraxe dura. O avión entón saíuse da pista.[1]

Voo 451 de Japan Air System
DC-9 semellante ao accidentado
Resumo
Data  18 de abril de 1993
Causa  saída de pista
Lugar  aeroporto de Hanamaki
Coordenadas  Coordenadas: 39°26′22″N 141°08′18″L / 39.43944444, 141.13833333
Orixe  aeroporto de Nagoia
Derradeira escala  aeroporto de Hanamaki
Destino  novo aeroporto de Chitose
Feridos  19
Aeronave
Tipo de aeronave Douglas DC-9-41
Operador  Japan Air System
Rexistro  JA8448
Pasaxeiros  72
Tripulación  5
Superviventes  77

Os 72 pasaxeiros e 5 tripulantes sobreviviron, resultando 19 persoas feridas. O avión incendiuose cando os pasaxeiros o evacuaban.[2] O aparello foi dado de baixa.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident McDonnell Douglas DC-9-41 JA8448 Morioka-Hanamaki Airport (HNA)". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 2019-01-24. 
  2. "All Survive Japan Plane Crash". Chicago Sun-Times. Consultado o 2019-01-24.