Voo 433 de KLM Cityhopper

O voo 433 de KLM Cityhopper era un voo regular entre Ámsterdam, Países Baixos, e Cardiff, Gales. O día 4 de abril de 1994 o Saab 340B, con rexistro PH-KSH, que operaba a ruta, esnafrouse durante unha aterraxe de emerxencia.

Voo 433 de KLM Cityhopper
Saab 340B, KLM Cityhopper AN0230171.jpg
Saab 340 semellante ao do accidente
Resumo
Data  4 de abril de 1994
Causa  fallo de equipo
Lugar  Ámsterdam-Schiphol
Orixe  Ámsterdam-Schiphol
Destino  aeroporto de Cardiff
Finados  3
Feridos  9
Aeronave
Tipo de aeronave Saab 340B
Operador  KLM Cityhopper
Rexistro  PH-KSH
Pasaxeiros  21
Tripulación  3
Superviventes  21

AviónEditar

O aparello implicado era un Saab 340, con rexistro PH-KSH, que voara por vez primeira en 1990. Estaba equipado con dous motores General Electric CT7.[1] O avión fixera unha aparición no especial de Nadal de 1993 "Sea Fever", da sitcom británica Keeping Up Appearances.

AccidenteEditar

O avión engalou de Ámsterdam at 12:19 pm. 11 minutos despois, á 12:30 pm, a tripulación creu erroneamente que o motor 2 tiña baixa presión de aceite debido a unha luz de aviso defectuosa. O capitán atrasou a panca de potencia do motor 2 lentamente para poñela ao ralentí, e a tripulación solicitou regresar ao aeroporto de Ámsterdam-Schiphol. Na aproximación final, a unha altura de 90 pés, o capitán decidiu realizar un go-around e puxo a potencia ao máximo. Porén, só puxo a potencia ao máximo no motor 1, deixando o outro ao ralentí.[2] Debido a iso o avión virou cara á dereita, inclinouse, entrou en perda e chocou contra o chan cunha inclinación duns 80 graos.[3]

Das 24 persoas a bordo do aparello tres morreron, incluído o capitán. Nove persoas resultaron feridas de gravidade.

NotasEditar

  1. "KLM Cityhopper PH-KSH (Saab 340 - MSN 195)". www.airfleets.es. Consultado o 2019-01-14. 
  2. "PH-KSH". www.aviacrash.nl. Consultado o 2019-01-14. 
  3. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Saab 340B PH-KSH Amsterdam-Schiphol Airport (AMS)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-14.