Voo 3 de Aeroflot

accidente de aviación na Unión Soviética en 1962

O voo 3 de Aeroflot era un servizo de pasaxeiros dende o aeroporto de Khabarovsk ata o aeroporto de Petropavlovsk-Kamchatsky. O día 3 de setembro de 1962 o Tupolev Tu-104 que operaba o voo perdeu o control despois de que a fuselaxe comezase a vibrar, facendo que o avión comezase a dar voltas a unha altura de 4 500 metros antes de esnafrarse. O aparello caeu nun pantano a uns 90 quilómetros de Khabarovsk. No seu momento foi o accidente con máis vítimas mortais da historia da aviación soviética.[1][2]

Voo 3 de Aeroflot
Tu-104A semellante ao do accidente
Resumo
Data  3 de setembro de 1962
Causa  perda de control
Lugar  preto de Kuruna
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Khabarovsk
Destino  Petropavlovsk-Kamchatsky
Finados  86
Aeronave
Tipo de aeronave Tupolev Tu-104A
Operador  Aeroflot
Rexistro  СССР-42366
Pasaxeiros  79
Tripulación  7
Superviventes  0