Voo 292 de Pan Am
O voo 292 de Pan Am foi un accidente de aviación dun Boeing 707-120B de Pan Am que se esnafrou en Chances Peak, na illa Montserrat, o día 17 de setembro de 1965 durante un voo entre o aeroporto de Martinica Aimé Césaire e o aeroporto V. C. Bird en Antiga e Barbuda. O avión quedou esnaquizado e non houbo superviventes entre os 30 pasaxeiros e tripulantes a bordo.
Voo 292 de Pan Am | |
---|---|
Boeing 707 de Pan Am
semellante ao do accidente | |
Resumo | |
Data | 17 de setembro de 1965 |
Causa | erro do piloto, voo controlado contra o terreo |
Lugar | Chances Peak, illa Montserrat |
Coordenadas | Coordenadas: 16°42′40″N 62°10′38″O / 16.7111, -62.1772 |
Orixe | aeroporto de Martinica |
Primeira escala | aeroporto V. C. Bird |
Derradeira escala | San Xoán, Porto Rico |
Destino | Nova York |
Finados | 30 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 707-120B |
Operador | Pan American World Airways |
Rexistro | N708PA |
Pasaxeiros | 21 |
Tripulación | 9 |
Superviventes | 0 |
Avión editar
O avión, con rexistro N708PA e bautizado Clipper Constitution,[1] foi o primeiro Boeing 707 que realizara o voo inaugual do modelo o 20 de decembro de 1957. Foi usado por Boeing nas probas de voo antes de ser entregado a Pan Am no mes de novembro do ano seguinte.[2][3]
Accidente editar
O avión saíu do aeroporto de Martinica Aimé Césaire nun voo regular cara Nova York con escalas en Saint John's, Antiga e Barbuda, e San Xoán, Porto Rico.[4] O aparello levaba 21 pasaxeiros e 9 tripulantes a bordo. Mentres se aproximaba ao aeroporto V. C. Bird no medio dunha treboada a unha altitude de 2 760 pés (841 m), o aparello golpeou contra Chances Peak, o punto máis alto da illa cunha altura de 915 m, incendiándose.[1] Determinouse que a causa foi un erro de navegación dos pilotos ao descender por debaixo da altura mínima de seguridade mentres non estaban seguros da súa posición.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Aviation Safety Network (ed.). "Accident description". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 20 de maio de 2018.
- ↑ Dorr, p.49
- ↑ Space (ed.). "Boeing Marks 50th Anniversary of 707's First Flight". Consultado o 20 de maio de 2018.
- ↑ Montserray Reporter (ed.). "Montserrat’s September 17 Anniversary of Disasters". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 20 de maio de 2018.
Bibliografía editar
- Dorr, Robert F. Air Force One, MBI Publishing Company, St. Paul Minnesota, 2002. ISBN 0-7603-1055-6