Voo 253 de Aeropostal (xuño de 1956)

O voo 253 de Aeropostal era un servizo regular de pasaxeiros dende o aeroporto internacional Idlewild, Nova York, ata o aeroporto internacional de Caracas que se esnafrou o 20 de xuño de 1956. Sobre unha hora e 20 minutos despois de engalar a tripulación informou de problemas cun dos motores e regresou a Nova York. Mentres se desfacía de combustible preparándose para a aterraxe, o avión, un Lockheed L-1049 Super Constellation, incendiouse e esnafrouse no océano Atlántico en fronte de Asbury Park, Nova Jersey. Os seus 74 ocupantes morreron e no seu momento foi o accidente con máis mortes dun voo comercial regular.[1] Porén, o número de vítimas mortais foi superado tan só 10 días despois no desastre aéreo do Gran Canón.

Voo 253 de Aeropostal
Super Constellation semellante ao accidentado
Resumo
Data  20 de xuño de 1956
Causa  lume en voo
Lugar  océano Atlántico
Coordenadas  Coordenadas: 40°13′30″N 73°42′43″O / 40.225, -73.712
Orixe  aeroporto Idlewild
Destino  aeroporto de Caracas
Finados  74
Aeronave
Tipo de aeronave Lockheed L-1049 Super Constellation
Operador  Aeropostal
Rexistro  YV-C-AMS
Pasaxeiros  64
Tripulación  10
Superviventes  0

Notas editar

  1. "Search Vessels Find 6 of 74 Crash Dead". Dallas Morning News. Associated Press. 21 de xuño de 1956. p. 1.