Voo 2193 de Pegasus Airlines

O voo 2193 de Pegasus Airlines foi un Boeing 737-800 que sufriu unha saída de pista tras aterrar no Aeroporto de Istanbul-Sabiha Gökçen o día 5 de febreiro de 2020.[1]

Voo 2193 de Pegasus Airlines
A aeronave involucrada no accidente fotografada en 2019.
Resumo
Data  5 de febreiro de 2020
Causa  saída de pista
Lugar  aeroporto de
Istanbul-Sabiha Gökçen
Coordenadas  Coordenadas: 40°53′54″N 29°18′33″L / 40.898333333333, 29.309166666667
Orixe  aeroporto de
Esmirna-Adnan Menderes
Destino  aeroporto de
Istanbul-Sabiha Gökçen
Finados  1
Feridos  157
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-86J
Operador  Pegasus Airlines
Rexistro  TC-IZK
Pasaxeiros  177
Tripulación  6
Superviventes  182

O avión caeu por un terraplén e partiu en tres, quedando uns 20 metros por debaixo do nivel da pista de aterraxe. No momento do accidente había unha treboada no aeroporto con refachos de vento de 37 nós (68 km/h) e unha visibilidade de 7 000 m.[2]

O Ministerio de Transportes turco inicialmente informou de que non se produciran vítimas mortais entre os 177 pasaxeiros e 6 tripulantes que viaxaban no aparello,[3] e posteriormente o ministro de Sanidade confirmou a morte dunha persoa.[4]

Avión editar

O aparello era un Boeing 737-86J con número de serie 37742 e rexistro TC-IZK. O seu primeiro voo foi en xaneiro de 2009, tendo no momento do accidente 11 anos de idade. O avión operou primeiro coa aeroliña alemá Air Berlin e en abril de 2016 foi adquirido por Pegasus Airlines.[5]

Notas editar

  1. Slotnick, David. "A passenger plane skidded off the runway and broke into pieces in Turkey". Business Insider. Consultado o 2020-02-05. 
  2. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 737-86J (WL) TC-IZK Istanbul-Sabiha Gökçen International Airport (SAW)". aviation-safety.net. Consultado o 2020-02-05. 
  3. CNN, Gul Tuysuz and Hande Atay Alam. "Plane breaks apart after skidding off runway in Turkey". CNN. Consultado o 2020-02-05. 
  4. "Airliner skids, breaks open in Istanbul; 1 dead, 157 injured". AP NEWS. 2020-02-05. Consultado o 2020-02-05. 
  5. "TC-IZK Pegasus Boeing 737-86J(WL)". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2020-02-05.