Voo 217 de Azerbaijan Airlines

O voo 217 de Azerbaijan Airlines era un servizo regular de pasaxeiros entre Baku e Aktau, en Casaquistán. O 23 de decembro de 2005 o Antonov An-140-100 que operaba a ruta esnafrouse no mar Caspio ao redor das 22:40.[1]

Voo 217 de Azerbaijan Airlines
Antonov An-140 semellante ao accidentado
Resumo
Data  23 de decembro de 2005
Causa  fallo de instrumentos
Lugar  mar Caspio
Coordenadas  Coordenadas: 40°33′22″N 50°00′20″L / 40.55611111, 50.00555556
Orixe  aeroporto de Baku
Destino  aeroporto de Aktau
Finados  23
Aeronave
Tipo de aeronave Antonov An-140-100
Operador  Azerbaijan Airlines
Rexistro  4K-AZ48
Pasaxeiros  18
Tripulación  5
Superviventes  0

Accidente editar

Uns cinco minutos despois de que o avión engalase do aeroporto de Baku a tripulación informou dun fallo dos sistemas. Voar sobre o mar Caspio de noite sen instrumentos fixo que a tripulación tivese dificultade para xulgar os seus parámetros de voo. Mentres intentaba regresar a Baku o aparello esnafrouse pouco despois na ribeira do Caspio, matando todos os pasaxeiros e tripulantes.[2][3]

Notas editar

  1. "Azerbaijan plane crash 'kills 23'" (en inglés). 2005-12-23. Consultado o 2019-01-18. 
  2. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Antonov An-140-100 4K-AZ48 Nardaran". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2017. Consultado o 2019-01-18. 
  3. Chivers, C. J. (2005-12-25). "Plane Crashes Into Caspian; 23 Are Killed". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-01-18.