Voo 2100 de Bek Air

O voo 2100 de Bek Air era unha ruta doméstica de pasaxeiros entre Almati e Nur-Sultan, Casaquistán, operado por un Fokker 100 que se esnafrou o día 27 de decembro de 2019 mentres engalaba do aeroporto internacional de Almati.[1][2] Había 98 persoas a bordo, 93 pasaxeiros e 5 tripulantes.[3][4] Doce persoas morreron no accidente e 67 resultaron feridas.[3][4][5]

Voo 2100 de Bek Air
D-AFKC FK100 Contact Air (5978061729).jpg
O avión accidentado en 2011
operando con Contact Air
Resumo
Data  27 de decembro de 2019
Causa  baixo investigación
Lugar  preto do aeroporto de Almati
Orixe  aeroporto de Almati
Destino  aeroporto de Nursultán
Nazarbáyev
Finados  12
Feridos  67
Aeronave
Tipo de aeronave Fokker 100
Operador  Bek Air
Rexistro  UP-F1007
Pasaxeiros  93
Tripulación  5
Superviventes  86

AviónEditar

O aparello implicado era un Fokker 100 contruído en 1996 e que anteriormente voara con Formosa Airlines, Mandarin Airlines, Contact Air, e OLT Express Germany, antes de unirse á frota de Bek Air en 2013 co rexistro UP-F1007. O avión foi alugado a Kam Air en setembro de 2016, e despois volveu. O aparello tamén foi alugado a Safi Airways en febreiro de 2017, regresou a Bek Air, e finalmente foi alugado a Air Djibouti en decembro de 2018, antes de incorporarse novamente á frota de Bek Air. O Fokker 100 estivo en servizo con Bek Air ata o día do accidente.[6][7] O seu certificado de aeronavegabilidade fora renovado o 22 de maio de 2019.[8]

AccidenteEditar

O avión chocou contra un edificio xusto despois de engalar do aeroporto internacional de Almati en Casaquistán. O aparello engalou da pista 05R e perdeu altura pouco despois. Segundo se informou, xirou cara á dereita e golpeou o valado perimetral de cemento antes de impactar contra dous almacéns nunha área residencial, preto do perímetro do aeroporto ao redor das 7:22 hora local.[3] A parte frontal do avión separouse da fuselaxe principal, recibindo un dano considerable, e a cola tamén rompeu. Doce persoas, incluído o capitán, morreron, e 67 quedaron feridas.[9] Entre o pasaxe había cinco nenos e tres bebés.[3][8]

Un dos superviventes, o empresario Aslan Nazarliev, dixo que vira xeo nas ás. Nunha conversa telefónica dixo, "A á esquerda sacudíuse moi forte. Despois notei que se sacudiu a dereita. E o avión comezou a balancearse como un bote".[10] Nazarliev continuou, "Cando engalamos, o avión comezou a tremer moi forte e eu sabía que ía caer... Todas as persoas que pisaron a á caeron, porque había xeo. Non podo dicir que [antes de engalar] as ás non se lles botase anticonxelante, pero o feito é que había xeo".[11] A temperatura no momento era de -12 °C e a visibilidade era de 1 000 metros, cunha densa néboa na zona.[7][12]

NotasEditar

  1. "В Казахстане разбился пассажирский самолет". lenta.ru. Consultado o 2020-01-03. 
  2. Troianovski, Anton (2019-12-26). "Kazakhstan Plane Crash Kills at Least 12 People". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-01-03. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 CNN, Nathan Hodge, Adam Renton and Bianca Britton. "Plane with almost 100 onboard crashes in Kazakhstan, killing 12 people". CNN. Consultado o 2020-01-03. 
  4. 4,0 4,1 "Путаницу с количеством жертв при крушении самолета Bek Air признали чиновники". Tengrinews.kz (en ruso). 2019-12-28. Consultado o 2020-01-03. 
  5. "12 killed, dozens hurt after jetliner crashes in Kazakhstan". AP NEWS. 2019-12-27. Consultado o 2020-01-03. 
  6. "Bek Air UP-F1007 (Fokker 70/100 - MSN 11496) (Ex B-12292 D-AFKC ) | Airfleets aviation". www.airfleets.net. Consultado o 2020-01-03. 
  7. 7,0 7,1 "Bek Air flight Z92100 crashes shortly after take off from Almaty". Flightradar24 Blog (en inglés). 2019-12-27. Consultado o 2020-01-03. 
  8. 8,0 8,1 "Fokker 100 Crashes In Kazakhstan Leaving At Least 15 Dead". Simple Flying (en inglés). 2019-12-27. Consultado o 2020-01-03. 
  9. "Kazakhstan plane crash: Bek Air plane comes down near Almaty airport - BBC News". web.archive.org. 2019-12-30. Consultado o 2020-01-03. 
  10. Chadwick, Lauren (2019-12-27). "Survivor describes moment jet crashed into building in Kazakhstan". euronews (en inglés). Consultado o 2020-01-03. 
  11. "Al menos 12 muertos en un accidente de avión de pasajeros en Kazajistán: "Supe que se iba a caer"". ELMUNDO (en castelán). 2019-12-27. Consultado o 2020-01-03. 
  12. "Dozens survive Kazakhstan plane crash" (en inglés). 2019-12-27. Consultado o 2020-01-03.