Voo 1691 de Aeroflot

accidente de aviación na Unión Soviética en 1979

O voo 1691 de Aeroflot era un servizo doméstico entre o aeroporto de Moscova-Vnukovo e o aeroporto de Odesa. O día 17 de marzo de 1979 o Tupolev Tu-104B que operaba a ruta esnafrouse matando a 58 dos 119 ocupantes do avión. O aparello estaba sobrecargado e a súa tripulación recibiu unha falsa alarma de lume.[1]

Voo 1691 de Aeroflot
O avión accidentado
Resumo
Data  17 de marzo de 1979
Causa  esnafrado mentres intentaba
regresar ao aeroporto
Lugar  preto de aeroporto de
Moscova-Vnukovo
Coordenadas  Coordenadas: 55°35′46″N 37°16′03″L / 55.5961, 37.2675
Orixe  aeroporto de
Moscova-Vnukovo
Destino  aeroporto de Odesa
Finados  58
Aeronave
Tipo de aeronave Tupolev Tu-104B
Operador  Aeroflot
Rexistro  СССР-42444
Pasaxeiros  113
Tripulación  6
Superviventes  61

Accidente editar

O voo 1691 tiña programada a súa saída cara Odesa ás 8:15 hora local, pero a engalaxe atrasouse debido a condicións meteorolóxicas adversas tanto en Odesa como en Vnukovo. O Tupolev engalou finalmente ás 19:32. Tan só cinco segundos despois de levantarse do chan soou a alarma de lume do motor esquerdo. O avión continuou elevándose e realizou unha serie de catro viraxes para regresar a Vnukovo. Os flaps estaba entón a 20º. Despois entrou na senda de planeo a 360 m, estando a 50 metros á esquerda do centro da pista. O avión descendeu rapidamente e 2,5 segundos antes do primeiro impacto a tripulación moveu os aceleradores a potencia de engalaxe, deixándoos nesa posición, aínda que ese movemento non salvou o avión. O tren de aterraxe principal golpeou primeiro uns cables nunha estrada preto de Vnukovo. O Tu-104B impactou co chan a 1 548 metros da pista. O motor esquedo desprendeuse do avión cando este envorcou e iniciouse un incendio. 57 pasaxeiros e un asistente de voo morreron.[2]

Investigación editar

Os investigadores descubriron que o avión estaba sobrecargado, e ademais engadiron como factores que axudaron a que o accidente se producise a falta de comunicación entre a tripulación, e a falsa alarma causada por un desaxuste de partes do motor.[2]

Notas editar