Voo 1492 de Aeroflot

O voo 1492 de Aeroflot era un servizo doméstico regular de pasaxeiros dendo o aeroporto de Moscova-Sheremetyevo ata o aeroporto de Murmansk. O día 5 de maio de 2019 o Sukhoi Superjet 100 que operaba a ruta regresou a Sheremetyevo pouco despois da engalaxe. As ás e a parte traseira da fuselaxe incendiáronse tras unha toma dura e 41 persoas a bordo morreron.

Voo 1492 de Aeroflot
O avión accidentado
Resumo
Data  5 de maio de 2019
Causa  accidente na aterraxe
Lugar  Moscova-Sheremetyevo
Coordenadas  Coordenadas: 55°58′09″N 37°24′11″L / 55.969166666667, 37.403055555556
Orixe  Moscova-Sheremetyevo
Destino  aeroporto de Murmansk
Finados  41
Feridos  10
Aeronave
Tipo de aeronave Sukhoi Superjet 100
Operador  RA-89098
Pasaxeiros  73
Tripulación  5
Superviventes  37

Avión editar

O aparello accidentado era un Sukhoi Superjet 100 de fabricación rusa. O avión tiña o rexistro RA-89098[1] e o número de serie do fabricante 95135, e voara por vez primeira no ano 2017.[2]

Accidente editar

O voo 1492 engalou do aeroporto de Moscova-Sheremetyevo cara o aeroporto de Murmansk ás 18:02 hora local (15:02 UTC). Deixou de subir ao nivel de voo 090 (uns 2,7 km) e regresou, realizando unha aterraxe de emerxencia 30 minutos despois da engalaxe, onde se saíu da pista e se incendiou.[3][4] O avión ardeu quedando só a parte dianteira da fuselaxe intacta.[1] Os informes dos pasaxeiros que sobreviviron suxiren que un raio puido golpear o aparello pouco despois da engalaxe, e os tripulantes dixeron que este puido ser o responsable da perda de comunicación co control de tráfico aéreo. Debido á perda de comunicación os pilotos decidiron que era demasiado perigoso soltar combustible sobre Moscova antes da aterraxe de emerxencia.[5]

O comité de investigación ruso anunciou que, dos 5 tripulantes e 73 pasaxeiros, 37 persoas sobreviviran ao accidente[6] e as 41 restantes, incluído un tripulante, morreron.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Noëth, Bart (2019-05-05). "Aeroflot Sukhoi Superjet makes emergency landing at Moscow Sheremetyevo after fire on board - 41 casualties". Aviation24.be (en inglés). Consultado o 2019-05-06. 
  2. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Sukhoi Superjet 100-95B RA-89098 Moskva-Sheremetyevo Airport (SVO)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-05-06. 
  3. "Accident: Aeroflot SU95 at Moscow on May 5th 2019, aircraft bursts into flames during rollout and burns down". avherald.com. Consultado o 2019-05-06. 
  4. Kaminski-Morrow, David (2019-05-05). "Aeroflot indicates Superjet engines caught fire on landing". Flightglobal.com (en inglés). Consultado o 2019-05-06. 
  5. "Russia crash jet 'struck by lightning'" (en inglés). 2019-05-06. Consultado o 2019-05-06. 
  6. "СК: из 78 человек на борту самолета «Аэрофлота» выжили 37". meduza.io. Consultado o 2019-05-06. 
  7. "Russian passenger jet catches fire on runway in Moscow, killing 41 people". The Washington Post. Consultado o 6 de maio de 2019.