Voo 11 de Air Bagan

accidente de aviación en Myanmar en 2012

O voo 11 de Air Bagan era un servizo regular doméstico en Myanmar, dende Yangon ata Heho. O día 25 de decembro de 2012 o Fokker 100 que operaba a ruta estaba intentando aterrar no aeroporto de Heho cando golpeou paus da luz e esnafrouse nunha estrada, acabando nun campo de arroz onde se incendiou.[1] Árbores nos dous lados da estrada fixeron que as ás se separasen. O avión levaba 65 pasaxeiros, dos cales un morreu e nove resultaron feridos. Un motorista foi golpeado polo avión e morreu e outra persoa en terra resultou ferida.[1] A causa do accidente aínda non está clara; informouse de que os pilotos intentaran aterrar o avión na estrada por un erro, pero unha testemuña dixo que o avión xa estaba ardendo antes de esnafrarse. Os pilotos resultaron feridos e recibiron tratamento hospitalario.[2]

Voo 11 de Air Bagan
O avión accidentado en 2005
Resumo
Data  25 de decembro de 2012
Causa  erro do piloto
Lugar  Heho, Myanmar
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Yangon
Derradeira escala  aeroporto de Mandalai
Destino  aeroporto de Heho
Finados  2 (1 en terra)
Feridos  10 (1 en terra)
Aeronave
Tipo de aeronave Fokker 100
Operador  Air Bagan
Rexistro  XY-AGC
Pasaxeiros  65
Tripulación  6
Superviventes  70

Dous británicos, un coreano e dous estadounidenses estaban entre os pasaxeiros feridos.[3]

Investigación

editar

As caixas negras do avión foron enviadas á Oficina de Seguridade de Transporte Australiana para a súa análise.[4] O Ministro de Información de Myanmar dixo que os pilotos confundiran unha estrada coa pista do aeroporto en condicións de densa brétema e aterraron o avión nun campo de arroz.

  1. 1,0 1,1 "Bagan F100 near Heho on Dec 25th 2012, landed on road outside airport". The Aviation Herald. Consultado o 2019-01-12. 
  2. Preiss, Alana Schetzer, Stephen Cauchi, Benjamin (2012-12-26). "'I reckon this might be it': plane crash horror". The Sydney Morning Herald (en inglés). Consultado o 2019-01-12. 
  3. Eimer, David (2012-12-26). "British man injured in Burma plane crash" (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 2019-01-12. 
  4. "Air Bagan crash verdict cites pilot error". The Myanmar Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-01-12.