Volusiano

Caio Vibio Volusiano foi un coemperador romano como césar (251 - 253).

Volusiano
ImagesVolusiano.jpg
Nome completoCaio Vibio Volusiano
Nacementoséculo III
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecementoagosto de 253
Lugar de falecementoTerni
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónpolítico
PaiTreboniano Galo
NaiAfínia Gemina Bibiana
CónxuxeMessia Decia
IrmánsVibia Galla
Período251 - 253
Cargoscoemperador romano
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Pouco se sabe da súa vida. Era fillo de Treboniano Galo, césar asociado, e de Afinia. Treboniano ocupou o trono imperial, no ano 251, tras a morte do emperador Decio e logo do falecemento, por enfermidade, do césar e fillo de Decio, Hostiliano, Treboniano asociou entón a seu propio fillo, Volusiano, como novo césar, e decontado, tamén como augusto.

Cando o gobernador da Panonia, Emiliano, se fixo proclamar emperador polas súas lexións, dirixiuse de inmediato cara Italia. Na altura da Umbría atopouse con o exército de Treboniano, que ía en compaña de Volusiano. As tropas destes abandonáronos e foron feitos prisoeiros, sendo logo executados Interamna (actual Terni).

Nomes sucesivosEditar

  • Nace como : Caius Vibius Afinius Gallus Veldumnianus Volusianus.
  • 251, como césar : Caius Vibius Afinius Gallus Veldumnianus Volusianus Caesar.
  • 251, como augusto : Imperator Caesar Caius Vibius Afinius Gallus Veldumnianus Volusianus Pius Felix Invictus Augustus.