A Volta a Burgos, na denominación en castelán Vuelta e Burgos, é unha competición ciclista por etapas de duración inferior a unha semana que se disputa na provincia de Burgos no mes de agosto.

Historia e características editar

Comezou na década de 1940, aínda que non foi ata a década de 1980, na que grazas ao pulo[Cómpre referencia] do que fora o seu director durante 17 anos, Gregorio Moreno, cando se estandarizou, primeiro como competición aberta entre 1981 e 1986, e logo como carreira completamente profesional dende 1987. Despois duns anos clasificada entre as mellores voltas (coa máxima catalogación dentro das carreiras dunha semana), a partir da creación dos Circuítos Continentais UCI en 2005 foi introducida no UCI Europe Tour, xusto un punto inferior das consideradas UCI Protour, a pesar de manter a súa cualificación de 2.HC.[Cómpre referencia]

O ciclista máis galardoado é o vasco Marino Lejarreta, con catro títulos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar