Canle Voldersgracht (Delft)
Voldersgracht (en galego: "canle dos batáns") é unha das canles máis antigas da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, que se remonta, polo menos, ao ano 1348.
Tipo | canle rúa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Batán ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Delft, Países Baixos ![]() | |||
Localización | Voldersgracht, Delft ![]() | |||
| ||||
Ten como particularidade, con respecto ás demais da cidade, estar flanqueada por unha rúa nunha das súas beiras e por vivendas que dan directamente á auga na outra.
A Voldersgracht corre en paralelo ao lado norte da Gran Praza (Markt) entre a praza Cameretten e a canle Vrouwjuttenland.
Debe o seu nome aos batáns (neerlandés: volders) que había na contorna durante a Idade Media, que vertían na canle os refugallos da súa actividade.[1]
Relación con Johannes Vermeer
editarEstímase que nos arredores desta canle debeu ser onde o pintor Johannes Vermeer, moi vinculado á vila de Delft, tiña o seu estudio. A súa pousada estaba, ademais, entre a esta canle e a Gran Praza.
O gremio de pintores, artistas e artesáns de San Lucas, ao que Vermeer estaba moi vinculado, estaba tamén na canle Voldersgracht. O antigo edificio do gremio, que foi reconstruído en 2006, serve hoxe como sede do Centro Vermeer de Delft, centrado na vida e a obra do pintor.[2]
Pontes
editarCatro pontes cruzan esta canle. Son, de oeste a leste, as seguintes:
- Warmoesbrug
- Kaakbrug
- Kruyersbrug
- Oudemanhuisbrug
Notas
editar- ↑ "Toen in Delft: de Voldersgracht in 1898". En Inde buurt.nl. (En neerlandés)
- ↑ "Vermeer's Delft Today: The Flying Fox on Voldersgracht". En Essentialvermeer.com. (En inglés)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Canle Voldersgracht |
Bibliografía
editar- Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen.Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] (En neerlandés)
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Voldersgracht. En Exploringdelft.com (en inglés)