Canle Voldersgracht (Delft)

(Redirección desde «Voldersgracht»)

Coordenadas: 52°00′44″N 4°21′32″L / 52.012111111111, 4.3589722222222

Voldersgracht (en galego: "canle dos batáns") é unha das canles máis antigas da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, que se remonta, polo menos, ao ano 1348.

Voldersgracht
(Canle dos Batáns)
A canle Voldersgracht
TipoloxíaCanle
Localización
InicioPraza Cameretten
FinCanle Vrouwjuttenland
Circulación
TránsitoAcuático (pola canle)
Peonil e rodado (pola rúa paralela)

Ten como particularidade, con respecto ás demais da cidade, estar flanqueada por unha rúa nunha das súas beiras e por vivendas que dan directamente á auga na outra.

A Voldersgracht corre en paralelo ao lado norte da Gran Praza (Markt) entre a praza Cameretten e a canle Vrouwjuttenland.

Debe o seu nome aos batáns (neerlandés: volders) que había na contorna durante a Idade Media, que vertían na canle os refugallos da súa actividade.[1]

Relación con Johannes Vermeer editar

Estímase que nos arredores desta canle debeu ser onde o pintor Johannes Vermeer, moi vinculado á vila de Delft, tiña o seu estudio. A súa pousada estaba, ademais, entre a esta canle e a Gran Praza.

O gremio de pintores, artistas e artesáns de San Lucas, ao que Vermeer estaba moi vinculado, estaba tamén na canle Voldersgracht. O antigo edificio do gremio, que foi reconstruído en 2006, serve hoxe como sede do Centro Vermeer de Delft, centrado na vida e a obra do pintor.[2]

Pontes editar

 
A Voldersgracht desde a ponte Kruysebrug, coas casas dando directamente á auga nunha das súas beiras

Catro pontes cruzan esta canle. Son, de oeste a leste, as seguintes:

Notas editar

  1. "Toen in Delft: de Voldersgracht in 1898". En Inde buurt.nl. (En neerlandés)
  2. "Vermeer's Delft Today: The Flying Fox on Voldersgracht". En Essentialvermeer.com. (En inglés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen.Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] (En neerlandés)

Ligazóns externas editar