Volcán Poás

volcán e montaña de Costa Rica

Coordenadas: 10°11′52″N 84°13′49″O / 10.1978153, -84.2302979

O volcán Poás é un estratovolcán activo de 2 708 metros de altitude[1] que se atopa no centro de Costa Rica, no Parque Nacional Volcán Poás. Entrou en erupción 40 veces dende 1828, incluíndo unha en abril de 2017 na que os visitantes e os residentes foron evacuados.[2] O volcán e o parque que o arrodea foron pechados durante case 17 meses, cun perímetro de seguridade de 2,5 quilómetros estabelecido arredor do cráter.[3] O 1 de setembro de 2018, o parque abriu de novo cun acceso limitado para a observación da área do cráter e é precisa facer unha reserva na páxina oficial do parque nacional. Os sendeiros adxacentos cara ó lago Botos así como o museo do centro de visistantes permanecen pechados.

Cráter do volcán Poás antes das erupcións de 2017.

Notas editar

  1. GLOBAL VOLCANISM PROGRAM, SMITHSONIAN INSTITUTION
  2. The Costa Rica Star, ed. (12 de abril de 2017). "New Eruption at Poas Volcano in Costa Rica Forces Evacuation of Residents as Preventive Measure" (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2019. 
  3. The Tico Times, ed. (17 de abril de 2017). "Poás Volcano closed indefinitely; Turrialba keeps spewing ash" (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar