Vlora Çitaku
Vlora Çitaku, nada en Podujeva o 10 de outubro de 1980, é unha política e diplomática kosovar que actualmente serve como embaixadora da República de Kosovo nos Estados Unidos[1][2][3] Anteriormente serviu como Cónsul Xeral de Kosovo en Nova York.[4]
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1980 (44 anos) Kosovo |
3ª Kosovar Ambassador to the United States (en) | |
27 de agosto de 2015 – 3 de marzo de 2021 ← Akan Ismaili (en) – Ilir Dugolli (en) → | |
Minister for European Integration (en) | |
22 de febreiro de 2011 – 1 de setembro de 2014 ← Besim Beqaj (en) – Bekim Çollaku (en) → | |
Member of the Assembly of Kosovo (en) | |
13 de decembro de 2007 – 3 de novembro de 2010 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Pristina (pt) |
Actividade | |
Ocupación | política, diplomática |
Partido político | Partido Democrático de Kosovo |
Antes de unirse á diplomacia de Kosovo, Vlora serviu como Ministra para a integración europea da República de Kosovo. Foi notable ao destacarse como unha das ministras máis exitosas entre 2011 a 2014 do goberno de Kosovo.[5] Renunciou ó seu escano de deputada na Asemblea de Kosovo ó asumir o cargo gobernamental, que gañou como un dos tres candidatos máis votados.
Traxectoria
editarVlora era só unha adolescente cando debutou como intérprete e cronista para un importante xornal occidental a inicios da guerra de Kosovo. Máis tarde converteuse en refuxiada durante a guerra de Kosovo e implicouse coa política desde 1999. Inicialmente foi portavoz do KLA e uniuse ó PDK despois da formación do partido no Kosovo da posguerra. Foi deputada ó Parlamento en dous mandatos. Afirma que superou os estereotipos en política de que hai que ser vello e home.[6]
Foi Ministra Asuntos Exteriores en funcións entre o 18 de outubro de 2010 e 22 de febreiro de 2011.[7]
Notas
editar- ↑ Guide to Women Leaders
- ↑ "Çitaku dekretohet ambasadore në SHBA". Consultado o 19 de agosto de 2015.
- ↑ "Vlora Çitaku konsulle e Kosovës në Nju Jork". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2016. Consultado o 19 de agosto de 2015.
- ↑ "Ministrja e Integrimit Vlora Çitaku dhe Ministri i Brendshëm Bajram Rexhepi vizituan Berlinin". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 19 de agosto de 2015.
- ↑ "Profile: Vlora Citaku- Kosovo's new challenge" kijacnews.net 2 de marzo de 2010 visto 21 de febreiro de 2011
- ↑ Minister Hyseni handed over the duty of the Foreign Minister, Ministry of Foreign Affairs of the Republic of Kosovo.