Vladimir Gudelj

futbolista bosníaco
(Redirección desde «Vlado Gudelj»)

Vladimir "Vlado" Gudelj, nado en Trebinje o 27 de novembro de 1966[1], é un exfutbolista de Bosnia e Hercegovina. Xogaba de dianteiro e militou, entre outros clubs, no Real Club Celta de Vigo onde chegou a ser máximo goleador da Segunda División do fútbol español.

Infotaula de personaVladimir Gudelj

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Trebinje (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesVlado Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeBosnia e Hercegovina Editar o valor em Wikidata
Altura185 cm Editar o valor em Wikidata
Peso80 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1985-1991 FK Velež Mostar (pt) Traducir 146(55)
1991-1999 Real Club Celta de Vigo 231(95)
1999-2001 Sociedade Deportiva Compostela 55(19) Editar o valor em Wikidata

Actualmente é o terceiro máximo realizador na historia do Celta en Primeira División con 68 goles. Debutou o 13 de setembro de 1992 en Balaídos, nun partido contra o Valencia CF, que terminou con empate (0–0). Ademais é un dos xogadores máis queridos e valorados pola afección celeste.

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do Velež de Mostar. Alí debutou na máxima categoría do fútbol balcánico no ano 1985 onde permanecería ata o ano 1991.

Desde a súa chegada a Vigo, Vlado Gudelj converteuse nun dos mellores xogadores da historia do club vigués. No Celta foi pichichi de Segunda División na tempada 1991–92. En Primeira foi máximo goleador do Celta nas tempadas 1992–93, 1993–94, 1994–95, 1995–96 e 1996–97. É o xogador que máis veces foi máximo goleador do Celta en toda a historia cun total de 6 veces. É o terceiro máximo goleador da historia do Celta en Primeira con 68 goles e é o cuarto máximo goleador da historia do Celta en calquera competición oficial con 111 goles.

Gudelj finalizou a súa carreira futbolística en España xogando para outro equipo galego: a Sociedad Deportiva Compostela, volvendo así á Segunda División que o vira debutar 10 anos atrás. Nas dúas tempadas que xogou marcou 9 goles en cada unha delas. Foi máximo goleador da SD Compostela na tempada 2000–01, con 9 goles.

En marzo de 2003, trala súa retirada, recibiu unha homenaxe en Vigo cun partido entre o Celta e o FC Porto, no que se impuxo este último. Na actualidade forma parte do equipo técnico do Celta como Delegado de campo.

Palmarés editar

Club editar

Celta de Vigo

Individual editar

Notas editar

  1. "Que fue de Vlado Gudelj". www.resultados-futbol.com. Consultado o 2 de xullo de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar