Viva o domingo foi un programa de entretemento da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada 1987-1988

Viva o domingo
Duración 3h 30m
Presentado por Fidel Fernán
Día(s) de emisión Domingo
Horario de emisión 15:35
Localización(s) San Marcos
Cadea TVG

Na rede
http://25anos.crtvg.es/tvg25/anoaano/1987/210

Desenvolvemento editar

Dirixido e presentado por Fidel Fernán botábase nas tardes do domingo como un programa magazine e contedor, no que tiñan cabida actuacións musicais, humorísticas e de maxia, concursos telefónicos, sorteos, entrevistas ou o seguimento do marcador futbolístico. Con público en directo tiña a súa propia orquestra e tamén emitía para os máis novos debuxos animados como A banda de Ovidio ou Kidd Video e series de humor como Cincinnati.