Vitagraph Company of America

A Vitagraph Company of America foi unha sociedade de produción e distribución cinematográfica dos Estados Unidos fundada por James Stuart Blackton e Albert Edward Smith en 1897.

Anuncio da compañía de 1916.
Florence Turner, a Vitagraph Girl.
John Bunny, un dos cómicos máis coñecidos antes da aparición de Chaplin.
Calendario de 1918 dedicado a Anita Stewart, unha das estrelas de Vitagraph.
Violet Mersereau, unha das moitas actrices que actuaron nos filmes da Vitagraph.

Desenvolvemento

editar

Primeiros anos

editar

Blackton e Smith eran inmigrantes ingleses en Nova York que xunto con outro compatriota, Ronald Readon, fundaran en 1894 a International Novelty Company dedicada a espectáculos de vaudeville e maxia que incluían proxeccións con lanterna máxica pero a compañía fracasou e Blackton entrou a traballar como caricaturista para o New York Evening World, en 1896 Smith e Blackon actuaron nunha festa de recollida de fondos que organizaba o xornal e que filmou a Compañía de Thomas Edison, a compañía instou a Blakcton a realizar tres filmes nos seus estudios Humorous Cartoon, Political Cartoon e Sketching Mr Edison que se estrearon o 12 de setembro de 1896[1] e que foron ben recibidas, en especial a última e que levaron a Smith e Blackton a fundar en 1897 a súa propia compañía para a proxección de filmes, a Edison Vitagraph Company e para a publicidade por medio deste novo medio, a Commercial Advertising Bureau que tivo curta vida [2]. O afundimento do USS Maine e o comezo da Guerra Hispano-Americana implicou un aumento da demanda de filmes por parte dos teatros de vodevil, a Edison Vitagraph Company mercou filmes realizados en Cuba pola Edison Manufacturing Company e distribuíunos con éxito, o que animou á Vitagraph a realizar os seus propios filmes sobre a guerra que publicitaba como "filmes de guerra exclusivos e orixinais" e que se realizaban con fotografías de estudio de barcos americanos e españois[3].

En agosto de 1898 logo dun preito coa compañía de Edison chegou a un acordo con esta para outorgarlle unha licenza para distribuír os seus filmes a cambio de ter os dereitos de autor de filmes realizados pola Vitagraph[4]. En setembro uniuse outro inglés como socio William T. Rock cambiando de nome pouco despois para American Vitagraph Company. Logo da moda dos filmes de guerra foron populares os filmes de maxia ao estilo de Georges Méliès, un dos primeiros que realizou a Vitagraph[5] foi The Vanishing Lady que se estreou a fins de 1898 con Albert Smith facendo os trucos de maxia.

Consolidación

editar

Vitagraph seguiu a realizar filmes para o catálogo de Edison ata xaneiro de 1900 cando este cancelou o acordo e impediulles utilizar calquera máquina ou filme do seu catálogo. Para responder á nova situación puxeron a compañía nas mans dunha nova corporación do mesmo nome propiedade de George Arthur, cuñado de Smith, e Ronald Reader quedando os antigos donos como empregados [6], a corporación continuou a realizar e distribuír filmes mentres Edison levouna a xuízo por considerar que era un intento para evadir a prohibición de utilizar o seu material pero en setembro Edison e a Vitagraph chegaron a un novo acordo que revalidada o de 1898 pero co acordo de poñelo por escrito. Os grandes éxitos da Vitagraph foron as comedias, The Adventures de Happy Hooligan rodadas no verán de 1900 constituíron a primeira adaptación de banda deseñada americana ao cine [7]. En 1905 comezou a construción do seu propio estudio de filmación e a compañía mudou o seu nome para Vitagraph Company of America.

Nos anos seguintes Vitagraph converteuse nunha das grandes compañías da nacente industria do cine, o actor Maurice Costello foi un dos primeiros ídolos do cine [8], dúas das actrices da Vitagraph Florence Turner, coñecida como a rapaza Vitagraph e Florence Lawrence foron as primeiras actrices cinematográficas americanas que se publicitaron polo seu nome [9], foi tamén famoso o Vitagraph Dog, unha cadela que protagonizou numerosos filmes entre 1908 e 1913 dirixidos por Larry Trimble [10], John Bunny e Flora Finch realizaron entre 1910 e 1915 máis de 150 comedias extremadamente populares, coñecidas popularmente como Bunnyfinches, foi a primeira parella cómica do cine[11] pero Vitagraph tamén intentou darlle unha aura de calidade ao cine [12], realizando o que chamou filmes de calidade, especialmente entre 1907 e 1910, que eran adaptacións de obras literarias e da Biblia entre eles destacan Francesca da Rimini (1907), Julius Caesar (1908), The Life of Moises (1909), The Life Drama of Napoleon Bonaparte and the Empress Josephine (1909), Washington under the American Flag (1909). En decembro de 1908 creouse a Motion Picture Patents Company da que Vitagraph formaba parte e que era un intento de Edison para monopolizar a produción de filmes.

A partir de 1909 con Les misérables e The Life of Moises comezan a realizar longametraxes aínda divididas en catro ou cinco partes. O 12 de xullo de 1910 un lume nas oficinas da compañía queimou a maior parte dos negativos dos seus filmes [13], en 1911 despois[14] da Pathé comezar a producir a edición americana do seu noticiario a Vitagraph decidiu realizar o seu propio, The Vitagraph Monthly News of Current Events. A primeira guerra mundial supuxo o comezo da decadencia de Vitagraph ao perder os distribuidores internacionais, porén nese tempo contou cos filmes protagonizados por Larry Semon, coñecido como o rei da comedia, mais a situación agravouse a comezo dos anos vinte co aumento das compañías competidoras, que tiñan a súa propia rede de teatros e que eran capaces de producir moitas máis fitas ca Vitagraph. En 1925 a Warner Brothers mercou a compañía

  1. Who's Who of Victorian Cinema
  2. Richard Abel Encyclopedia of Early Cinema, p. 979
  3. Albert E. Smith Two reels and a crank, pp. 66-67
  4. Charles Musser American Vitagraph 1897-1901 Cinema Journal 22
  5. Charles Musser Before the Nickolodeon
  6. Charles Musser The emergence of cinema: the American screen to 1907, p. 283
  7. Donald Markstein Toonopedia
  8. Phil Hardy The BFI Companion to Crime, p. 168
  9. Eileen Bowser, The Transformation of Cinema, 1907–1915, p. 112–113
  10. "Joe Gallo Flashback: New England Director Larry Trimble". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2011. Consultado o 19 de setembro de 2010. 
  11. Donald McCaffrey e Christopher P. Jacobs. Guide to the Silent Years of American Cinema, p. 121
  12. William Uricchio & Roberta E. Pears Reframing Culture: The Case of the Vitagraph Quality Films
  13. Anthony Slide The Big V, p. 59
  14. David Nasaw The Chief: The Life of William Randolph Hearst p.234